Probas de galego

CELGA

A Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia publicou no DOG núm. 58, do luns 25 de marzo de 2019, a convocatoria para inscribirse nas probas para obter os certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2019 (código do procedemento PL500C).

Persoas destinatarias:

As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.

As datas de realización das probas terán lugar no mes de xuño de 2019.

As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros estrablecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación das solicitudes, así como o do pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, este entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Contía das taxas de exame: 16,19€

A información completa pódense consultar no enlace do DOG arriba indicado.