Convocatoria de cursos de galego 2019

A Consellería de Cultura e Turismo abre o prazo para inscribirse, de maneira gratuíta, nos cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 (dódigo de procedemento PL600A)

Prazo de inscrición: ata o mércores 20 de marzo de 2019

Poden solicitalos todas as persoas maiores de dezaseis anos ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen mellorar o seu coñecemento e dominio do galego e preparar as probas que a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca periodicamente para certificar a competencia nesta lingua.

Solicitudes: as persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán:

No caso dos cursos presenciais: cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL600A, que se publica na orde de convocatoria como anexo I, e envialo á xefatura territorial da Consellería de Cultura e Turismo da provincia que corresponda. O sinalado formulario tamén está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal.

As silicitudes presentaranse preferiblemente por vía électrónica, aínda que opcionalmente se poden presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

No caso dos cursos de teleformación: cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL600A, que se publica como aneo I, e envialo á Secretaría Xeral de Política Lingüística. O sinalado formulario está disponible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

As persoas solicitantes destes cursos poderán presentar unha única solicitude de inscrición e solicitar un único curso por persoa, aínda que sexan de modalidades distintas. De existir máis dunha solicitude da mesma persoa ou de solicitar esta máis dun curso, anularanse todas as súas peticións.

 

A resolución completa desta convocatoria pódese consultar en Diario Oficial de Galicia do martes 19 de febreiro de 2019 que está no enderezo electrónico https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190219/AnuncioG0535-060219-0001_gl.pdf