Cultura e ensino

Rechouchíos 2019

Este venres 12 de abril, no Centro Multiusos de Meira, ás 18.00, a organización XOGA (Organización de Xordos de Galicia) tráenos dous contos: A vaca que puxo un ovo e Un máis.

 

Ler máis...

Obradoiro para youtubeir@s

Se tes 14 anos ou máis e queres aprender a expresarte co código audiovisual, inscríbete neste obradoiro na Casa da Mocidade ata o 26 de marzo de 2019.

O Obradoiro para youtubeir@s será impartido por Adriana e Sabela, dúas creativas da empresa Illa Bufarda, especializada en xerar contidos audiovisuais e vano impartir o venres 29 de marzo de 17.00 a 18.30 na Casa da Mocidade.

Descubre Moaña

 

Ler máis...

Anuncio

 

Convocatoria de cursos de galego 2019

A Consellería de Cultura e Turismo abre o prazo para inscribirse, de maneira gratuíta, nos cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 (dódigo de procedemento PL600A)

Prazo de inscrición: ata o mércores 20 de marzo de 2019

Poden solicitalos todas as persoas maiores de dezaseis anos ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen mellorar o seu coñecemento e dominio do galego e preparar as probas que a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca periodicamente para certificar a competencia nesta lingua.

Ler máis...

Máis artigos...