Cultura e ensino

O uso do galego no ensino de Moaña

No curso escolar 2015/2016, os centros de educación infantil e primaria de Moaña realizaron unha enquisa sobre o uso do galego entre o seu alumnado co fin de ter datos para elaborar cadanseu proxecto lingüístico de centro.

Participaron 1.039 familias do alumnado dos sete CEIP de Moaña (Tirán, Abelendo, Quintela, Seara, Reibón, A Guía e Domaio) e das dúas EEI (Verducedo e O Con).

O resultado da enquisa e o informe extraído dos datos pódense consultar aquí.

Ler máis...

Súmate ao APEGO!

 

 

Apego vai dirixido a vós, ás familiar que vos estades a preparar para a chegada dun novo membro e tamén ás que tedes nenas e nenos ata 6 anos.

Ler máis...

En galego para sempre

A semana pasada, o Concello de Moaña presentou o manual En galego para sempre editado polo seu Servizo de Normalización Lingüística.
Este manual de recursos en lingua galega para actos funerarios está dirixido a marmorista, floristas e empresas funerarias.
Descarga o teu exemplar aquí.

Probas de galego

CELGA

A Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia publicou no DOG núm. 58, do luns 25 de marzo de 2019, a convocatoria para inscribirse nas probas para obter os certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2019 (código do procedemento PL500C).

Ler máis...