Nova convocatoria de cursos de galego

celga

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria abriu o prazo para inscribirse, de maneira gratuíta, nos cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 (ED104B).

Prazo de inscrición: ata o luns 26/02/2018.

 

 

Os cursos que se convocan de maneira presencial aparecen relacionados no anexo II (niveis Celga 2, 3 e 4) e os que se convocan na modalidade de teleformación figuran no anexo III (niveis Celga 1 e 4).

As solicitudes para os cursos presenciais hainas que facer cubrindo o formulario ED104B (dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal) que aparece no anexo I e envialo á xefatura territorial da provincia na que se vai desenvolver o curso. Pódese presentar por vía electrónica (preferiblemente) ou presencialmente.

As solicitudes para os cursos de teleformación presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado disponible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

Só se poderá presentar unha única solicitude e solicitar un único curso por persoa, aínda eu sexan de modalidades distintas. De existir máis dunha solicitude da mesma persoa ou de solicitar esta máis dun curso, anularanse todas as súas peticións.

A resolución completa pódese consultar no DOG do martes 6 de febreiro que está no enderezo www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180206/AnuncioG0164-290118-0002_gl.pdf

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel