Cursos de galego nas EOI

celga

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria abriu o prazo para inscribirse, de maneira gratuíta, nos cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) e nos cursos de linguaxe administrativa galega, que se realizarán en febreiro de 2018 nas escolas oficiais de idiomas.

O prazo para inscribirse está aberto ata o xoves 11 de xaneiro de 2018.

A solicitude haina que facer de maneira telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega

Toda a información sobre esta convocatoria pódese consultar na RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga), que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

Esta resolución está publicada no Diario Oficial de Galicia do xoves 17 de agosto de 2017.


Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel