Probas de galego

CELGA

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia publicou no DOG núm. 176, do venres 14 de setembro de 2018, a convocatoria para inscribirse nas probas para obter os certificados de lingua galega, niveis Celga 2 e 4, no ano 2018.

Persoas destinatarias:

As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.

As datas de realización das probas terán lugar entre a segunda quincena de novembro e a primeira fin de semana de decembro de 2018.

As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Opcionalmente poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros estrablecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación das solicitudes, así como o do pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de 20 días naturais, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, este entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Contía das taxas de exame: 15,93€

A información completa pódense consultar no DOG arriba indicado.

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel