Recollida solidaria de tapóns

A Plataforma Solidaria Banta, Banco de Tapóns do Baixo Miño, está a desenvolver a súa 11ª campaña de recollida. Nesta ocasión, a axuda recadada irá destinada a dous nenos: Brais, de 12 de Moaña, e Jorge, de 10 anos do Concello de Oleiros.

O Concello de Moaña quere sumarse a esta iniciativa e por este motivo pide a colaboración de diferentes sectores da poboación.

 

Desde o Concello de Moaña pedimos a colaboración dos diferentes centros educativos, asociación culturais, deportivas, clubs de xubilados, establecementos comerciais, supermercados... para que se presten como punto de recollida de tapóns, para así favorecer que as persoas que os queiran entregar poidan facelo con máis comodidade.

Así mesmo, agradeceriamos a dispoñibilidade desinteresada de persoas autónomas ou particulares que teñen camións ou furgonetas que axuden ao traslado dos tapóns desde os diferentes puntos de recollida ata a planta de tratamento do Porriño.

As persoas interesadas en colaborar por calquera das vías anteriormente citadas, punto de recollida ou transporte, poden poñerse en contacto coa plataforma a través da páxina web, http://www.banta.es, ou no Departamento de servizos sociais do Concello de Moaña no teléfono 986313600.

¿QUE TAPÓNS SERVEN?

Banta recolle todo tipo de tapóns de plástico, non importa que teñan adhesivos. As tapas procedentes da manteiga ou do queixo fresco tamén valen. Así mesmo, serven os dosificadores, aínda que conteñan alguna peza metálica no interior, e os soportes dixitais que conteñen os DVD, CD ou BLU-RAY.

Se temos dúbidas, buscaremos as inscricións sinaladas do seguinte xeito:

 

 

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel