Comparseando na ludoteca

Comparseiras e comparseiros: xa chegou o Entroido, este ano demasiado rápido, pero nós estamos preparados para que sexa especial na ludoteca de Moaña. Nos tres días que os nenos e nenas non teñen clase, caracterizarémonos de STAR WARS, que está agora tan de moda. E os outros dous día faremos un fisfrace orixinal e una actividade especial para o Día do Amor.

 

O horario de apertura nestes días de Entroido vai ser:

- Luns 8, martes 9 e mércores 10: de 9.00 a 14.00 h.

- Xoves 11 e venres 12: de 16.00 a 20.00 h.

 

 

A programación é a seguinte:

- Luns 8: STAR WARS: DARH VADER (elaboración do disfrace con diversos materiais).

- Martes 9: ESTAR WARS: LUKE SKYWALKER E A PRINCESA LEIA (elaboración do disfrace con diversos materiais).

- Mércores 10: STAR WARS: R2D2 (elaboración do disfrace con diversos materiais).

- Xoves 11: PALLASOS (elaboración do disfrace con diversos materiais).

- Venres 12: POSTAIS DE AMOR (obradoiro de postais orixinais).

A ludoteca está dirixida a nenas e nenos entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.

Para asisitr é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno ou nena, das que damos conta no momento da inscrición.

Máis información, na ludotece ou no teléfono 986315038 (tardes).

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel