Intelixencias múltiples

Gardner é un psicólogo famoso que propón o modelo de intelixencias múltiples, que fala do potencial de cada persoa, potencial que só pode observarse e, a través de certas prácticas, desenvolverse.

Existen diversos tipos de intelixencias segundo este psicólogo e na ludoteca traballaremos cada una delas mediante xogos, probas, pistas, teatro... na semana do 15 ao 19 de febreiro.

 

O programa de actividades é o seguinte:

Luns 15: QUE SON? (paleta das intelixencias múltiples).

Martes 16: XOGO DE PISTAS (intelixencias lóxico-matemática, visual-espacial e interpersoal).

Mércores 17: AUTORRETRATO (intelixencias intrapersoal e lingüística).

Xoves 18: DRAMATIZACIÓN MUSICAL (intelixencias naturalista, musical e corporal).

Venres 19: XOGO DAS INTELIXENCIAS (xogo combinado de todas as intelixencias que estivemos traballando durante a semana).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informan no momento de inscrición.

Máis información na ludoteca ou no teléfono 986315038 (tardes).

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel