Ovos e roscóns

Xa chegou a Pascua, este ano un pouco cedo, coas neves e o frío. Pero na ludoteca poñémoslle boa cara ao mal tempo e temos organizadas actividades divertidas para as mañás destas vacacións.

O horario de apertura durante estes días será de 9.00 a 14.00 horas e, coma sempre, as cativas e cativos poden asistir un máximo de dez horas á semana.

PROGRAMACIÓN:

  • Luns 21: CAIXAS DE PASCUA (obradoiro de caixas de cartolina con forma de galiña).
  • Martes 22: TARXETA DIVERTIDA (obradoiro de orixinal tarxeta de coello con material de refugallo).
  • Mércores 23: EXCURSIÓN AO MUSEO MASSÓ (imprescindible inscrición previa; prezo: 5 euros).
  • Xoves 24: PECHADO (festivo).
  • Venres 25: PECHADO (festivo).
  • Luns 28: COELLOS DOCES (obradoiro de coellos con material de refugallo).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada nena/o, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na ludoteca ou no teléfono 986315038 (tardes).

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel