12 MAIO 2016 REUNIÓN DAS MESAS SECTORIAIS DE TRABALLO DO GDR PONTEVEDRA MORRAZO 2014-2020

 

 

O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo, está traballando na elaboración da estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), para o vindeiro período de programación 2014-2020, do Programa Leader do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

O pasado 21 de abril tivo lugar o Primeiro Foro de Desenvolvemento Rural, no que se realizou unha reflexión diagnóstica sobre a situación actual e retos do territorio, de cara a establecer as súas prioridades para o novo período de fondos Feader.

No marco deste proceso está previsto que se celebren unha serie de mesas sectoriais  de traballo, co obxectivo de definir as principais liñas de actuación e medidas a implementar no territorio, que orientarán a Estratexia de Desenvolvemento Rural 2014-2020 do GDR Pontevedra Morrazo.

A reunión terán lugar o vindeiro xoves, 12 de maio ás 20:00 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra.

A participación nas mesas é aberta  polo que calquera persoa ou entidade que o desexe, pode participar nelas.

A elaboración da estratexia é de vital importancia para o futuro desenvolvemento da nosa zona. Agardamos a túa participación !

 

 

……

Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra –  Morrazo

Santa Clara 4 – 2º 36002 Pontevedra

Tfnos: 986108144 – 695333087

www.gdrpontevedramorrazo.eu

www.facebook.com/gdr15pontevedramorrazo/

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel