O "Márketing" Preto de Nós

Actualmente damos moita importancia ao “márketing” porque hai moita oferta de produtos, máis incluso que demanda, e para chamar a atención do público se precisan de técnicas cada vez máis sofisticadas, elaboradas e, porque non, divertidas e atrevidas. Na ludoteca queremos que os nenos e nenas participantes aprendan o que significa e para que serve, e que mellor xeito que experimentando na creación de novos produtos, na súa venta, na publicidade... Deste xeito:

 

-     Luns 20: QUE É O “MÁRKETING”? (proxección de vídeo, mural explicativo e clasificación de anuncios mediante xogos).

-     Martes 21: DIVERANUNCIOS (creación dun produto ata a súa venta ao público).

-     Mércores 22: ROLE PLAYING (xogamos a ser unha cadea de venta de diferentes produtos).

-     Xoves 23: CREO A MIÑA MARCA PERSOAL (creación dunha marca persoal dunha ficticia rede social).

-     Venres 24: VÍDEO-FORUM (visualización de anuncios, xogos relacionados con eles e escenificación).

 

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.

 

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público.

 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

 

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel