Novos cursos da aula CeMIT en setembro

02 cursos setembro 16

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Moaña; cambia de horario o 19 de setembro pasando a ter un horario de 16:00 a 21:00 todos os días, e os martes, mércores e xoves, tamén de mañá en horario de 10:00 a 14:00.

A partir do 19 de setembro impartiranse 3 novos cursos de iniciación á informática, 1 grupo os luns, mércores e venres de 19:00 a 21:00, outro os martes e xoves de 19:00 a 21:00 e o terceiro en horario de mañá, os martes, mércores e xoves, de 10:30 a 12:30.

O prazo para apuntarse comezará o mércores 31 de agosto, ás 13:00.

Fora das horas dos cursos, a aula estará aberta para uso libre dos equipos por parte das usuarias e usuarios.

O obxectivo da Rede CeMIT é o de vertebrar territorial e socialmente Galicia, en especial onde a fenda dixital se fai máis evidente, impulsando, potenciando e difundo os coñecementos nas tecnoloxías da información e a comunicación da cidadanía galega.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre futuras actividades e cursos, poden dirixirse á Aula CeMIT de Moaña, sita na rúa María Martín 4 (Casa da mocidade), ao teléfono 986315457 ou enviar un correo electrónico ao enderezo: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou na páxina web: http://cemit.xunta.gal/

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel