Programación trimestral

09/09/2016

A Ludoteca de Moaña é un espazo educativo no que o neno/a aprende ao mesmo tempo que xoga. O xogo permite aprender e fortalecer habilidades sociais, traballar coas emocións, favorecer a comunicación e a socialización, fortalecer a autoestima e autonomía, fomentar a empatía... E nós o conseguimos traballando diferentes e atractivos obradoiros e saídas.

Cada semana coñecemos algo diferente a través de pequenos proxectos sobre historia, medio ambiente, culturas, tradicións, música, arte... e todo XOGANDO, pois pensamos que é un bo xeito de aprender dos cativos e cativas.

 

 

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Este curso escolar o iniciamos o xoves 15 de setembro (do luns 12 ao mércores 14 a ludoteca estará pechada para facer limpeza xeral), no horario habitual de apertura: de 16.00 a 20.00 horas. Tamén abrimos os luns pola mañá de 10.00 a 13.00 horas para atención ás familias que o precisen.

A programación do primeiro trimestre é a seguinte:

SETEMBRO 2016

Do 15 ao 23:ORDEN NA CACHOLA!

Do 26 ao 30: PLANETA TERRA MUDANDO AO OUTONO

OUTUBRO 2016

Do 3 ao 7 de outubro: LUDOTECA SORPRESA

Do 10 ao 14: IMAXINANDO A MÚSICA: MOZART

Do 17 ao 21: REVOLTO DE NÚMEROS

Do 24 ao 28: O COMEZO DA ESTACIÓN ESCURA: O SAMAÍN

NOVEMBRO 2016

Do 2 ao 4:  VIAXE AO XURÁSICO

Do 7 ao 10: TRADICIÓN DE SAN MARTIÑO

Do 14 ao 18: A XOGAR COA BARALLA

Do 21 ao 25: UN MUNDO DE POSIBILIDADES

Do 28 ao 2 de decembro: ACUARELEANDO

 

DECEMBRO 2016

Do 5 ao 9 de decembro: XOGANDO COS DEREITOS E DEBERES

Do 12 ao 16: OS CINCO SENTIDOS NA ARTE

Do 19 ao 21 de decembro: PLANETA TERRA MUDANDO A INVERNO

Do 22 de decembro ao 5 de xaneiro: LUDONADAL

 

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel