Cursos da aula CeMIT de novembro

cartel novembro con fondo

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Moaña; ofrecerá ás súas usuarias e usuarios no mes de novembro, 3 novos cursos:

Un curso de iniciación á informática, dirixido a persoas sen coñecementos, do 2 de novembro ao 30 de novembro, os martes, mércores e xoves de 10:30 a 12:30.

Un curso de retoque de fotografías, dirixido a persoas que queren iniciarse no manexo do programa de manipulación de imaxes GIMP, do 4 ao 16 de novembro, os luns, mércores e venres, de 19:00 a 21:00.

Un curso de creación de blog con Wordpress, do 18 ao 28 de novembro, os luns, mércores e venres de 19:00 a 21:00.

O prazo para apuntarse comeza o martes 18 de outubro ás 16:00 h.

Ademáis, de luns a venres de 16:00 a 19:00, e os martes, mércores e xoves tamén de 12:30 a 14:00, a aula estará aberta para o uso do equipos por partes das usuarias e usuarios.

O obxectivo da Rede CeMIT é o de vertebrar territorial e socialmente Galicia, en especial onde a fenda dixital se fai máis evidente, impulsando, potenciando e difundo os coñecementos nas tecnoloxías da información e a comunicación da cidadanía galega.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre futuras actividades e cursos, poden dirixirse á Aula CeMIT de Moaña sita na rúa María Martín 4 (Casa da mocidade)m ao teléfono 986315457 ou enviar un correo electrónico ao enderezo : Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou na páxina web http://cemit.xunta.gal

 

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel