Proceso de Selección de Persoal e Contratación Auxiliar Administrativo polo GAL

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Ría de Vigo - A Guarda convoca un proceso de selectivo para a cobertura dun posto de Auxiliar Administrativo/a  por acumulación de tarefas para a aplicación da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP 2014 -2020).

As bases do proceso de contratación pódense consultar na  páxina web de acción costeira, no apartado novas e de contratación de persoal: http://www.accioncosteira.es , ou chamando aos teléfonos: 986 358 109 ou no 646 873 106 en horario de 09:00 a 14:00 horas de luns a vernes.

As solicitudes serán presentadas no prazo máximo de 15 días hábiles contados dende o día seguinte á última publicación nos medios especificados na Base 4 as 14:00 horas, ante o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Ría de Vigo – A Guarda segundo o procedemento que se indica nas Bases de Contratación.

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel