Plan Provincial De Obras e Servizos 2015

A Deputación vén de comunicarnos a autorización para o reinvestimento da baixa xerada na licitación da obra Cambio de tellado no clube de xubilados no Concello de Moaña. Cun orzamento de 40.485,57 euros, a obra foi adxudicada por 36.407,91 euros. Solicitamos aplicar a contía da baixa, 4.077,66 euros, para a realización da obra Reforma de fachadas do clube de xubilados e acaban de autorizarnos.

 

Non é a primeira vez que se solicita autorización para a aplicación das baixas xeradas en licitacións de investimentos subvencionados pola Deputación provincial ao abeiro deste Plan. Xa se adxudicaron, así, obras e/ou subministros que se executaron tras ser autorizada a aplicación da baixa xerada na adxudicación da obra principal. Por exemplo:

 

INVESTIMENTO E ORZAMENTO

PREZO ADXUDICACIÓN €

Importe da baixa, investimento realizado e adxudicatario

Mellora de centros educativos de Moaña

PPOS/15/00643/201500443

21.580,25 euros

16.542,33

5.037,92 - Obras de mellora en colexios de Moaña: 5.037,92 € - EP Martiño

Subministro de material eléctrico en varios lugares do Concello de Moaña

PPOS/15/00643/201500451

20.560,17 euros

16.242,07

4.316,94 euros – Subministro de material eléctrico - Siel Vigo, S.L.

Subministro casetas socorrismo e baños públicos adaptados na praia da Xunqueira

PPOS/15/00643/201500452

21.056,67 euros

20.812

244,67 euros – Subministración material auxiliar Praia - Maderas impregnadas para exterior MUNO

Construción carril bici no paseo da Seara

PPOS/15/00643/201500268

41.580,33 euros

 

36.910,86

4.669,46 euros – Melloras no paseo da Seara ao pé carril bici - Cíes Obra Civil

 

Aínda quedan pendentes de solicitar a aplicación de dúas baixas en senllas adxudicacións.

 

 

 

 

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel