ANUNCIO

Co obxecto de dar cumprimento ao requisito de publicidade da subvención para o financiamento da actuación “Gasto corrente novo: Servizo de limpeza viaria Urbaser SA.” concedida pola Deputación Provincial de Pontevedra dentro do Plan Concellos 2017, faise saber:

 

SUBVENCIÓN DA DEPUTACIÓN AO CONCELLO PARA O FINANCIAMENTO DO SERVIZO DE LIMPEZA VIARIA COA EMPRESA URBASER S.A.

 

A Deputación Provincial de Pontevedra, mediante acordo da súa Xunta de Goberno de data 28.04.2017, ten concedida ao Concello de Moaña unha subvención por importe de 144.811,23 euros, ao abeiro da finalidade gasto corrente novo, da liña 2, do Plan Concellos 2017, para o cofinanciamento do servizo de limpeza viaria deste Concello durante 7 meses.

 

O Concello ten Subcontratado o servizo de limpeza viaria coa Empresa Urbaser S.A. Esta subvención da Deputación Provincial servirá para financiar o 80,40% do pagamento dos gastos de funcionamento do servizo de limpeza viaria contratado con esta empresa durante os sete primeiros meses do ano 2017.

 

Moaña, 4 de agosto de 2017.

 

A alcaldesa

Leticia Santos Paz.

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel