ANUNCIO

Expte: 270/2018     Expte.: 217032924

ANUNCIO PARA A DIVULGACIÓN DO FINANCIAMENTO DA ENTIDADE PROVINCIAL

Rehabilitación do lavadoiro da Porta do Sol

Remataron as obras de Rehabilitación do Lavadoiro da Porta do Sol. Para a realización desta actuación, o Concello de Moaña  solicitoulle subvención á Deputación de Pontevedra ao abeiro da convocatoria de axudas dirixidas a concellos para a rehabilitación e a sinalización do patrimonio histórico-cultural (BOPPO, 01.06.17).

O día 19 de outubro de 2017 recibimos a notificación do acordo da Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra polo que nos concedían 22.317,94 euros para a Rehabilitación do Lavadoiro da Porta do Sol, o que supuxo o 100% do orzamento presentado.

A obra adxudicouse a E. P. Martiño SL o día 26 de febreiro de 2018 e, unha vez rematada a obra, a súa factura se aprobou o 30 de abril de 2018.

 

Moaña, maio de 2018

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel