Bando
BANDO DA ALCALDÍA
ASUNTO: ENTIDADES INTERESADAS EN CONTRATAR CO CONCELLO DE MOAÑA
Infórmase a todas as persoas físicas ou xurídicas interesadas en contratar co Concello de Moaña, que a recente entrada en vigor da Nova Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se transpoñen ao ordenamento xurídico estatal as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014 , estableceu novos requisitos de obrigado cumprimento para todas aquelas empresas ou persoas físicas que queiran contratar coas entidades do sector público.
Entre esas novidades destaca a Inscrición no Rexistro de Licitadores da comunidade Autónoma de Galicia, que será obrigatoria para participar nos procedementos abertos simplificados a partir do transcurso dos seis meses da entrada en vigor da lei, polo que a partir do 10 de setembro de 2018, será un requisito imprescindible e de obrigado cumprimento.
Para o resto de procedementos de licitación pública, a inscrición en dito rexistro facilitará a tramitación na presentación de solicitudes e da documentación, dado que a inscrición no Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas do Sector Público acreditará fronte a todos os órganos de contratación do sector público, a tenor do nel re
flectido e salvo proba en contrario, as condicións de aptitude do empresario en canto á súa personalidade e capacidade de obrar, representación, habilitación profesional ou empresarial, solvencia económica e financeira e técnica ou profesional, clasificación e demais circunstancias inscritas, así como a concorrencia ou non concorrencia das prohibicións de contratar que deban constar no mesmo.
Máis información no Concello de Moaña, ou visitando a seguinte páxina web:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=FA701A
A Alcaldesa
Leticia Santos Paz
(DOCUMENTO ASINADO ELECTRONICAMENTE Á MARXE)