Convocatoria de cursos de galego 2019

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria abre o prazo para inscribirse, de maneira gratuíta, nos cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega, Celga, e nos cursos de linguaxe administrativa galega que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

Prazo de inscrición:

  • Para os cursos que comezan en febreiro de 2019: do 2 ao 11 de xaneiro de 2019.

 

 

Solicitudes: as persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega

As persoas solicitantes destes cursos poderán facer una única solicitude de inscrición por cuadrimestre con tres preferencias priorizadas de grupos. No caso de adxudicación de prazas en máis dun curso, o/a alumno/a deberá optar por un só curso nunha soa escola.

A resolución completa pódese consultar en DOG do martes 14 de agosto de 2018 que está no enderezo electrónico https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180814/AnuncioG0164-030818-0002_gl.pdf

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel