Rechouchíos 2019

Este venres, 22 de marzo, no Centro Sociocultural Ramón Cabanillas (rúa Fragata Villa de Madrid núm. 7), O Real, ás 18.00, a compañía Animar-T tráenos o contacontos A casiña de cartón.

A Adela regaláronlle uns preciosísimos zapatiños de charol. Gustábanlle tanto que non os quería quitar nin para durmir. Pero como a todos nos pasou algunha vez, co paso do tempo creceu e os seus zapatiños de charol deixaron de servirlle. Lonxe de facer un drama desta situación, Adela opta por ser xenerosa e regálallos  á súa curmá pequeña. Pero hai algo que lle queda: a caixa baleira. Con ela decide crear una casiña que chegará a converterse nunha auténtica casa de acollida de animais, protexéndoos do frío e dos seres máis perigosos que habitan a terra: as persoas.

Este espectáculo está recomendado a partir dos 3 anos de idade.

---------------------------------------------------------------------

 

O venres, 15 de marzo, no auditorio do Centro Sociocultural Daniel Castelao, Quintela s/n, ás 18.00, Manoele de Felisa e Os Piñeiriños traennos a Moaña unha proposta musical: Verbas de muller.

Os Piñeiriños son dous irmáns, Fuco e Xela, que nesta ocasión veñen a Moaña acompañados do cantautor Monoele de Felisa.

A vida e a historia de mulleres faro, como foron Ángeles Alvariños, Concepción Arenal, Maruja Mallo e Rosalía de Castro serán o fío condudor do espectáculo, onde a través da música, bailes, teatro e a interacción de Fuco e Xela abordarán dun xeito lúdico os datos máis relevantes desta mulleres, facendo así visible a importancia da súa pegada na nosa historia.

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel