Deportes e mocidade

A paisaxe no verán

Xa chegou o verán e na ludoteca esta semana cambiamos de horario o xoves, coincidiendo co primeiro día das vacacións dos nenos e das nenas. A partir dese día o horario de apertura será de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas.

E para despedir o curso escolar e comezar coa Ludoverán cambiaremos o decorado das fiestras e elaboraremos unhas coroas para levar á Feira Medieval que este ano organiza o Concello en San Martiño do 24 ao 26 de xuño.

 

Ler máis...

Ludoteca: A Maxia do Samaín

 samain

A ludoteca municipal de Moaña adica esta semana á celebración dunha tradición ancestral que xurdiu en terras celtas e que se foi expandindo polo mundo. Referímonos á celebración do Samaín, unha festividade cultural  terrorífica e chea de misterio que emociona aos máis pequenos.O nome da semana será  A MAXIA DO SAMAÍN, e as actividades serán as seguintes:

  • Luns 27 : XA ESTÁ AQUI O SAMAÍN (Ambientación e obradoiro de manualidades).

  • Martes 28: MONSTRUOS DE FOTOMATÓN (Obradoiro de fotomatón con persoaxes de terror).

  • Mércores 29: CADOO DO SAMAÍN (Xogo de mesa ambientado nesta festividade).

  • Xoves 30: SUSTO DE SABORES (Obradoiro de doces monstruosos).

  • Venres 31 : FESTA DO TERROR: (Festa temática con actividades diversas: maquillaxe,merenda, xogos, laboratorio de feitizos,habitación das pantasmas, bailes....)

Ludoteca: Nota informativa

MODIFICACIÓN NA ASISTENCIA SEMANAL DOS USUARIOS /AS DA LUDOTECA

Con motivo da solicitude de numerosas familias da modificación do período máximo de estancia semanal, na ludoteca fixemos unha enquisa para valorar cal era a opción que mellor lles parecía, mantendo sempre un criterio funcional e óptimo para o desenvolvemento do menor usuario/a. De todas as opcións propostas, as familias votaron maioritariamente a de asistir á ludoteca durante un máximo de  dez horas semanais repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.

Así , con data 22 de outubro de 2014 publicouse no BOP (nº 204) a modificación do regulamento do servizo de ludoteca no referente ao número de horas de asistencia por parte dos usuarios/as, polo que o período máximo de estancia semanal  do neno/a na ludoteca será de dez horas repartidas ao longo da semana.

Esta nova medida  aplicarase aos usuarios a partir do luns, 27 de outubro.

Polo tanto, a partir deste luns, 27 de outubro de 2014 os nenos/as poderán asistir á ludoteca un máximo de 10 horas á semana que os pais repartirán  como desexen sen ter un número de días ou horas estipulado como anteriormente se viña facendo ( dúas horas máximo cada día , tres días á semana).Iso si, as horas deberán ser completas  para a súa contabilización, polo tanto non valerán medias horas.

Ludoteca: Xeoloxía

xeoloxia

A Ludoteca Municipal de Moaña continúa co horario de inverno, de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os/as menores usuarios/as (entre 4 e 12 anos) poden asistir tres días á semana e dúas horas cada día. PARA ASISTIR É IMPRESCINDIBLE PASAR ANTES POLA LUDOTECA E CUBRIR UNS IMPRESOS DE SOLICITUDE.Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa na propia ludoteca. 

A vindeira semana adicarémola ao coñecemento da composición e estrutura interna da terra, é dicir ao estudo da XEOLOXIA.

As actividades serán as seguintes:

  • Luns 20: O INTERIOR DA TERRA

  • Martes 21: CANDO O CHAN TREME

  • Mércores 22: EXPERIMENTOS  DA TERRA

  •  Xoves 23: : ATRAPADO NA ROCA

  • Venres 24: SAÍDA Á BIBLIOTECA QUINTELA: Contacontos:"Contos no mundo" a cargo da organización  Solidaridade Internacional Galicia

Para máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ludoteca: Medo ao aburremento

xogos de mesa

A Ludoteca Municipal de Moaña continúa co seu horario de inverno, de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas. e os/as menores usuarios/as (entre 4 e 12 anos) poden asistir tres días á semana e dúas horas cada día. PARA ASISTIR É IMPRESCINDIBLE PASAR ANTES POLA LUDOTECA E CUBRIR UNS IMPRESOS DE SOLICITUDE. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa na propia ludoteca.

Na ludoteca temos pavor ao aburrimento por iso os nosos nenos e nenas argallan mil e unha maneiras para pasar un rato divertido nesta ludoteca aprendendo a divertirse de maneira social e saudable.

As actividades desta semana chamada “MEDO AO ABURRIMENTO” son:

Luns 22: XOGOS DE MESA DIVERTIDOS

Martes 23: MONSTRUOS HIXIÉNICOS (obradoiro)

Mércores 24: OS CAZATESOUROS (ximcana)

Xoves 25: BAILARÍNS CON DEDOS (obradoiro)

Venres 26: FUNDAS DE GAFAS (obradoiro)

Para máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Máis artigos...

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel