Deportes e mocidade

A paisaxe na primavera

A primavera está a punto de comezar, por iso é hora de cambiar a decoración da ludoteca e sacar as paisaxes frías do inverno e poner outras que estean relacionadas coas primavera e o medio ambiente, en concreto co cambio climático. Por iso realizamos uns murais de información  e concienciación sobre este tema que tan importante é para nós.

Ler máis...

Campamentos de verán 2013

A Deputación de Pontevedra abre o prazo para solicitar os campamentos de verán 2013.

CAMPAMENTOS DE VERÁN DA LANZADA

Destinatarios/as: persoas nacidas entre os anos 2000-2005 (ambos incluídos).

Solicitudes: nos concellos ou na Deputación Provincial do 1 de marzo ao 5 de abril de 2013.

Datas: para elixir durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro.

Prezo: 68 euros por persoa.

CAMPAMENTOS POLIDEPORTIVOS PRÍNCIPE FELIPE

Destinatarios/as: persoas nacidas entre os anos 1999-2006 (ambos incluídos).

Solicitudes: nos Concellos ou na Deputación Provincial do 1 de marzo ao 19 de abril de 2013.

Datas: para elixir durante os meses de xullo e agosto.

Prezo: 125 euros por persoa.

Para máis información, póñase en contacto coa Casa da Mocidade do Concello de Moaña, teléfono 986315457, de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas.

Programación trimestral da ludoteca

Os temas que se van traballar durante este trimestre son os seguintes:

ABRIL 2014
Do 22 ao 25 : SEMANA DA LECTURA
Do 28 ao 30: NATURLAB
MAIO 2014
Do 5 ao 9: UN PASEO POLO MUNDO: EUROPA DO LESTE
Do 12 ao 16: XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO
Do 19 ao 23: O MUNDO MARIÑO
Do 26 ao 30: ESTILOS PICTÓRICOS
XUÑO 2014
Do 2 ao 6: ESCOLLE O VERDE
Do 9 ao 13: XOGOS PARA IR EN COCHE
Do 16 ao 20: TEMPO DE PRAIA

Para máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38

Tempo de praia




 

TEMPO DE PRAIA. Así é como denominanos á ultima semana antes das ansiadas vacacións de verán do colexio. Por iso, debemos prepararnos tanto para protexernos do sol como para divertirnos na Praia. E tamén debemos cambiar a decoración das fiestras (que xa remata a primavera) e darlle a benvida ao sol do verán. Así:

Luns 16: VISEIRAS DE ANIMAIS (obradoiro de viseiras con formas de animais)

Martes 17: BÚMERANG (obradoiro)

Mércores 18: DECORAMOS A LUDO (decoramos as fiestras)

Xoves 19: DECORAMOS A LUDO (decoramos as fiestras)

Venres 20: SAÚDO AO SOL (clase de psicomotricidade e ioga).

Para máis información, na ludoteca ou no teléfono 986315038 (tardes).

Programación da ludoteca de abril de 2016

A partir do martes 29 de marzo comezamos co horario habitual de apertura da ludoteca, de 16.00 a 20.00 horas, e tamén coa programación do terceiro trimestre do curso escolar. Cada semana trataremos unha temática específica e realizaremos actividades relacionadas con esta. Durante este trimeste:
ABRIL DE 2016
Do 29 de marzo ao 1 de abril: Coñezo o meu concello.

Do 4 ao 8: Unha viaxe no tempo.

Do 11 ao 15: Laboratorio de ideas.

Do 18 ao 22: Quero ser escritor/a.

Do 25 ao 29: Que risa de ósos!

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel