Deportes e mocidade

Ludoteca: Hansel e Gretel

hansel gretel

A Ludoteca Municipal de Moaña continúa co horario de inverno, de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os/as menores usuarios/as (entre 4 e 12 anos) poden asistir tres días á semana e dúas horas cada día. PARA ASISTIR É IMPRESCINDIBLE PASAR ANTES POLA LUDOTECA E CUBRIR UNS IMPRESOS DE SOLICITUDE. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa na propia ludoteca.

Esta semana imos traballar sobre a historia dun conto famoso dos Irmáns Grimm: Hansel e Gretel. Ao longo da semana coñeceremos a historia e aos seus persoaxes a través de divertidas actividades. Así:

  • Luns 29:PICTOCONTO (contacontos)

  • Martes 30: LUBA CONTACONTOS (obradoiro)

  • Mércores 1: MÁSCARAS DE CONTO (obradoiro)

  • Xoves 2: TRANSFORMAMOS MEIGAS EN DOCES ( cociña)

  • Venres 3: MONICREQUE (obradoiro)

Para máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ludoteca: Asturias, patria querida

bandeira asturias

Por motivo de obras a Ludoteca pecha dende o 2 de outubro ata o luns 13 de outubro.

A partir do día 13 de outubro, a Ludoteca Municipal de Moaña continúa co horario de inverno, de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os/as menores usuarios/as (entre 4 e 12 anos) poden asistir tres días á semana e dúas horas cada día. PARA ASISTIR É IMPRESCINDIBLE PASAR ANTES POLA LUDOTECA E CUBRIR UNS IMPRESOS DE SOLICITUDE. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa na propia ludoteca.

A semana do día 13 ao 17 de outubro, está dedicada a Asturias. Así chamaremos á semana "Asturias, patria querida". As actividades diarias serán as seguintes:

  • LUNS 13: COÑECEMOS ASTURIAS (Obradoiro dun mapa xigante de Asturias onde colocaremos fotografías das principais cidades e lugares de interés).

  • MARTES 14: BANDEIRA E HIMNO (Obradoiro artístico da bandeira asturiana e coñecemento do himno).

  • MÉRCORES 15: FACEMOS SIDRA LIGHT (Obradoiro de cociña onde elaboraremos zume de mazá dunha maneira natural e ecolóxica. Aprendemos a escanciar).

  • XOVES 16: APRENDEMOS BABLE (Creación dun pequeño diccionario creativo con palabras en bable).

  • VENRES 17: VACA ASTURIANA (Obradoiro dunha vaquiña feita con material de reciclaxe).

Para máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Semana en feminino

O Día Internacional da Muller Traballadora (8 de marzo) é unha data que se celebra en moitos países do mundo. As mulleres de todos os continentes se unen para conmemorar este día e que, ademais, serve de loita en pro da igualdade, da xustiza, da paz e do desenvolvemento.

Por iso, desde a ludoteca queremos celebrar unha SEMANA EN FEMININO onde as mulleres, os seus dereitos, as súas reivindicacións, os seus oficios, os xeitos de vida... sexan os verdadeiros protagonistas.

E mediante xogos, obradoiros, murais... coñeceremos e valoraremos o papel da muller na sociedade actual.

 

Ler máis...

Emprendendo dende a Rede

LOGO CASA DA MOCIDADE

Actividade teórico-práctica de hora e media de duración sobre os diferentes recursos que ofrecen as novas tecnoloxías para promocionar, financiar e dar a coñecer os teus proxectos.

PROGRAMA:

  • O emprendemento dende os blogs

  • O sistema de financiamento de Crowdfunding

  • Internet: estratexias de búsqueda de información

DESTINATARIOS: maiores de 18 anos

DATA: 13 de outubro de 2014

LUGAR: Casa da Mocidade

INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: casa da mocidade no teléfono 986315457 en horario de 16 a 20.30 horas, mediante o correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou a través do facebook da casa da mocidade.

Boletín da Rede Galega de Información Xuvenil

LOGO CASA DA MOCIDADE

Revista da Rede Galega de Información Xuvenil, onde atoparás cada semana información actualizada e de interese sobre: formación, emprego, bosas e axudas, actividades das casas de xuventude, etc.

Podes consultala na súa páxina web premendo aquí

Máis artigos...

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel