Deportes e mocidade

Ludoteca: Vintage

trompo

Esta semana os nenos/as da ludoteca retroceden no tempo e coñecen obxectos, xogos e xoguetes de outra época que volven a estar de moda na actualidade. Nos referimos á semana Vintage, movemento cultural que trae á actualidade obxectos e moda que sobreviviron alomenos vinte anos despois da súa creación, convertíndose nun clásico preciado.Así:

  • Luns 25: CREACIÓNS VINTAGE. (Obradoiro de abalorios)

  • Martes 26: DECORACIÓN VINTAGE: (trae obxectos antigos da casa).

  • Mércores 27: XOGOS E XOGUETES: (trae xoguetes dos teus papis). Obradoiro de xoguetes e xogos antigos.

  • Xoves 28: MODA VINTAGE (trae roupa antiga dos teus avós). Desfile de moda infantil.

  • Venres 29: MERCADILLO/EXPOSICIÓN VINTAGE (amosamos todas as creacións e obxectos cun mercadillo no xardin da ludoteca).

Para máis información: 986 31 50 38 (de mañán)

Ludoteca: Tribus urbanas

Rastafari

A Ludoteca Municipal de Moaña continúa co horario de verán, de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas e os/as menores usuarios/as (entre 4 e 12 anos) poden asistir tres días á semana e dúas horas cada día. PARA ASISTIR É IMPRESCINDIBLE PASAR ANTES POLA LUDOTECA E CUBRIR UNS IMPRESOS DE SOLICITUDE. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa na propia ludoteca.

Esta semana os nenos/as da ludoteca coñecen a cultura de diferentes tribus urbanas, achegando así a multiculturalidade aos máis pequenos:

  • Luns 18: SOMOS HEAVYS (obradoiro de disfraces)

  • Martes 19: HIP-HOPEIROS (inventamos raps)

  • Mércores 20: PUNKIES. (caracterización e bailes)

  • Xoves 21: OTAKUS. (obradoiro de comic)

  • Venres 22: RASTAFARIS ( caracterización e xogos)

Para máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ludoteca: Ciencia fácil

Einstein

A Ludoteca Municipal de Moaña continúa co horario de verán, de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas e os/as menores usuarios/as (entre 4 e 12 anos) poden asistir tres días á semana e dúas horas cada día. PARA ASISTIR É IMPRESCINDIBLE PASAR ANTES POLA LUDOTECA E CUBRIR UNS IMPRESOS DE SOLICITUDE. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa na propia ludoteca.

Esta semana os nenos/as da ludoteca se convirten en auténticos científicos, experimentando con diferentes materiais e descubrindo por si mesmos o poder da física e da química. Así:

  • Luns 11: CORPOS QUE FLOTAN: Descubrimos as propiedades da auga.

  • Martes 12: SENTIDOS DE CIENTÍFICO: Experimentamos cos nosos sentidos.

  • Mércores 13: POMPAS DE XABÓN: traballaremos co xabón e fabricaremos un pompeiro.

  • Xoves 14: ALIMENTANDO A CIENCIA. Descubriremos fantásticas propiedades de diferentes alimentos e fabricaremos queixo e manteiga.

  • Venres 15: FESTIVO (PECHADO)

Para máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ludoteca: ¿Qué sabes facer?

 neno artista

A Ludoteca Municipal de Moaña continúa co horario de verán, de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas e os/as menores usuarios/as (entre 4 e 12 anos) poden asistir tres días á semana e dúas horas cada día. PARA ASISTIR É IMPRESCINDIBLE PASAR ANTES POLA LUDOTECA E CUBRIR UNS IMPRESOS DE SOLICITUDE. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa na propia ludoteca.

Cada un de nós é capaz de destacar en algo e por iso con MIRA QUE ARTE! Pretendemos poñer en valor todo aquilo que somo capaces de facer e que queremos dar a coñecer aos nosos compañeiros e compañeiras. Así:

  • Luns 4: QUE SABES FACER? (concurso de habilidades)

  • Martes 5: FOTOGRAFÍA ARTÍSTICA (montaxe fotográfica)

  • Mércores 6: OBRADOIRO DE PINTURA (copiamos un cadro famoso con materiais alternativos)

  • Xoves 7: OBRADOIRO DE ESCULTURA (obradoiro para formar unha escultura)

  • Venres 8: DRAMALUDO (obradoiro de teatro)

  •  
  • Para máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

 

Xogos de luz

malabares

Na semana do 29 de febrero, na Ludoteca Municipal de Moaña  realizaremos moitas actividades relacionadas coa luz e as sombras. Aprenderemos moitas curiosidades, descubriremos impactantes experimentos  e divertirémonos coa xogos de luces e sombras.

Ler máis...

Máis artigos...

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel