Deportes e mocidade

Ludoteca: ¿Qué sabes facer?

 neno artista

A Ludoteca Municipal de Moaña continúa co horario de verán, de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas e os/as menores usuarios/as (entre 4 e 12 anos) poden asistir tres días á semana e dúas horas cada día. PARA ASISTIR É IMPRESCINDIBLE PASAR ANTES POLA LUDOTECA E CUBRIR UNS IMPRESOS DE SOLICITUDE. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa na propia ludoteca.

Cada un de nós é capaz de destacar en algo e por iso con MIRA QUE ARTE! Pretendemos poñer en valor todo aquilo que somo capaces de facer e que queremos dar a coñecer aos nosos compañeiros e compañeiras. Así:

  • Luns 4: QUE SABES FACER? (concurso de habilidades)

  • Martes 5: FOTOGRAFÍA ARTÍSTICA (montaxe fotográfica)

  • Mércores 6: OBRADOIRO DE PINTURA (copiamos un cadro famoso con materiais alternativos)

  • Xoves 7: OBRADOIRO DE ESCULTURA (obradoiro para formar unha escultura)

  • Venres 8: DRAMALUDO (obradoiro de teatro)

  •  
  • Para máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

 

Xogos de luz

malabares

Na semana do 29 de febrero, na Ludoteca Municipal de Moaña  realizaremos moitas actividades relacionadas coa luz e as sombras. Aprenderemos moitas curiosidades, descubriremos impactantes experimentos  e divertirémonos coa xogos de luces e sombras.

Ler máis...

 poster trail

 

Ludoteca: Picnic

Picnic

A Ludoteca Municipal de Moaña continúa co horario de verán, de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas e os/as menores usuarios/as (entre 4 e 12 anos) poden asistir tres días á semana e dúas horas cada día. PARA ASISTIR É IMPRESCINDIBLE PASAR ANTES POLA LUDOTECA E CUBRIR UNS IMPRESOS DE SOLICITUDE. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa na propia ludoteca.

No verán resulta moi pracenteiro facer comidas ao aire libre sobre todo se son divertidas e ricas. Co nome de PICNIC elaboraremos diferentes receitas nutritivas e aptas para a época do ano na que nos atopamos. Realizaremos o seguinte:

  • Luns 21: MERENDA CON IOGUR (trae froita e iogur)

  • Martes 22: CHOCOLATE DE POSTRE (trae chocolate e froita)

  • Mércores 23: FROITA ATRACTIVA (trae froita)

  • Xoves 24: BEBIDAS REFRESCANTES (trae froita ou chocolate en birutas)

  • Venres 25: PECHADO. DÍA DE GALICIA

Para máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ludoteca: Mundialitos de verán

futbol

A Ludoteca Municipal de Moaña continúa co horario de verán, de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas e os/as menores usuarios/as (entre 4 e 12 anos) poden asistir tres días á semana e dúas horas cada día. PARA ASISTIR É IMPRESCINDIBLE PASAR ANTES POLA LUDOTECA E CUBRIR UNS IMPRESOS DE SOLICITUDE. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa na propia ludoteca.

Facer deporte é unha actividade moi saudable durante todo o ano, e no verán é especialmente gratificante poder facelo ao aire libre. Nós, co nome de MUNDIALITOS DE VERÁN iniciarémonos en deportes diferentes durante toda a semana. Así:

  • Luns 14: INICIAMOS CO FÚTBOL (adestramento básico)

  • Martes 15: BALONMÁN BÁSICO (adestramento básico)

  • Mércores 16: PECHADO. DÍA DO CARME

  • Xoves 17: VOLEIBOL PARA PRINCIPIANTES (adestramento básico)

  • Venres 18: ATLETISMO FÁCIL (adestramento básico)

Para máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Máis artigos...

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel