Deportes e mocidade

Ludoverán: programación

ludoteca

A Ludoteca Municipal de Moaña comeza a partir do luns 23 de xuño co seu horario de verán, de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas e os/as menores usuarios/as (entre 4 e 12 anos) poden asistir tres días á semana e dúas horas cada día. PARA ASISTIR É IMPRESCINDIBLE PASAR ANTES POLA LUDOTECA E CUBRIR UNS IMPRESOS DE SOLICITUDE. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa na propia ludoteca.

A programación de LUDOVERÁN é a seguinte:

  • Do 23 ao 27 de xuño: CAIXÓN DE XASTRE

  • Do 30 de xuño ao 4 de xullo: ENGLISH CAMPUS

  • Do 7 ao 11 de xullo: SHOWS TV

  • Do 14 ao 18 de xullo: MUNDIALITOS DO VERÁN

  • Do 21 ao 24 de xullo: PICNIC

  • Do 28 de xullo ao 1 de agosto: XOGOS DE...

  • Do 4 ao 8 de agosto: MIRA QUE ARTE

  • Do 11 ao 14 de agosto: CIENCIA FÁCIL

  • Do 18 ao 22 de agosto: TRIBUS URBANAS

  • Do 25 ao 29 de agosto: SEMANA VINTAGGE

  • Do 1 ao 10 de setembro: FIN DO VERÁN

Para máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Estilos pictóricos

Estilos pictóricos é o nome baixo o cal realizaremos múltiples actividades relacionadas coa pintura e diferentes técnicas. Aprenderemos a reutilizar materiais de refugallo para facer obras de arte, empregaremos millo para deseñar cadros, pintaremos con ceras case derretidas, con lixa, con acetatos, con revistas... e ata sopraremos parar formar diferentes creación. Así, as actividedes serán as seguintes:

- Luns 26: DRAP ART (arte con material de refugallo).

- Martes 27: CADROS DE MILLO (o millo como elemento fundamental dos cadros).

- Mércores 28: ACTIÓN PAINTING (técnicas de arte abstracta).

- Xoves 29: COLAXE POP (creación de arte con colaxe).

- Ventes 30: ESTAMPACIÓN EN LIXA E ACETATO (técnicas de arte abstracta con papel de lixar e acetato).

Para máis información, na ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

9º Concurso de cómic 2014

A Casa da Mocidade do Concello de Moaña organiza a 9.ª edición deste concurso.

O prazo para presentar os traballos remata o lun 5 de maio.

Consulta as bases: 

Ler máis...

Revista da Rede Galega de Información Xuvenil

LOGO CASA DA MOCIDADE

Revista da Rede Galega de Información Xuvenil, onde atoparás cada semana información actualizada e de interese sobre: formación, emprego, bosas e axudas, actividades das casas de xuventude etc.

Semana da lectura

ludoteca logo 2013

A Ludoteca Municipal de Moaña volve ao horario habitual de inverno, de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os/as menores usuarios/as (entre 4 e 12 anos) poden asistir tres días á semana e dúas horas cada día. PARA ASISTIR É IMPRESCINDIBLE PASAR ANTES POLA LUDOTECA E CUBRIR UNS IMPRESOS DE SOLICITUDE. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa na propia ludoteca. 

 A SEMANA DA LECTURA coincide coa celebración o mércores do Día do Libro, e é por este motivo polo que faremos actividades, dinámicas e unha saída relacionada coa animación á lectura. O mércores iremos ao parque do concello para facer de “bibliotecarios” coa carrilana dos contos que elaboraremos o día anterior. Ademais, asistiremos a unha sesión de contacontos protagonizada por Dani Costas (é importante reservar praza na ludoteca para a saída). Deste xeito:

 -      Martes 22: A CARRILANA DOS CONTOS (elaboración dunha carrilana para transportar libros e contos, coma unha biblioteca móbil).

-      Mércores 23: BIBLIOXARDÍN (SAÍDA AO PARQUE DO CONCELLO. PARA ASISTIR HAI QUE ESTAR ÁS 17 HORAS NA LUDOTECA, E O REGRESO SERÁ ÁS 19 HORAS, APROX.)

-      Xoves 24: MAIL ART (creación de cartas divertidas e de envoltorios orixinais para comunicármonos a través do correo postal).

-      Venres 25: XINCANA LITERARIA (xincana de xogos e probas relacionadas cos contos).

 Para máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

 

 

Máis artigos...

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel