Deportes e mocidade

Revista do 2 de decembro

LOGO CASA DA MOCIDADE

Revista da Rede Galega de Información Xuvenil, onde atoparás cada semana información actualizada e de interese sobre: formación, emprego, bosas e axudas, actividades das casas de xuventude etc.

Ludoteca: O corpo humano

 

corpo

O CORPO HUMÁN é o nome co que faremos as actividades da vindeira semana. Coñecer o corpo, como coidarse, como asearse, como alimentarse... é moi importante. E tamén é importante saber como nacemos e cales son os coidados básicos dun neno ou nena recén nacido/a, por iso nos visitará unha matrona, que o vai a explicar con diferentes materiais. A programación será a seguinte:

  • Luns 9: MIMO SAUDABLE (xogo de mimo de hábitos de hixiene e alimentación).
  • Martes 10: URXENCIAS: COMO REACCIONAR (elaboración dun manual de boas reaccións ante unha urxencia).
  • Mércores 11: UNHA MATRONA NA LUDO: MARTINA FREIRE (unha matrona visitará a ludoteca para explicarnos tanto a orixe da vida coma o nacemento e os coidados básicos dun bebé).
  • Xoves 12: OCA SAUDABLE (xogo da oca con probas e preguntas relacionadas coa saúde).
  • Venres 13: CANTIGAS DE NADAL: SAÍDA

Ludoteca: Comunicación alternativa

E F G

Un dos aspectos máis importantes das relacións humanas é a comunicación, pois permítenos expresar o que sentimos, o que necesitamos e o que pensamos; permítenos entender o mundo que nos rodea e ser escoitados; e permítenos tamén coñecer ás persoas coas que nos relacionamos. Para mellorar a nosa forma de relacionarnos hai que coñecer ben o valor e o respecto que nos damos a nós mesmos así como preocuparnos por coñecer e entender o que pensan e queren as outras persoas. Pero non todas as persoas poden comunicarse empregando a voz como instrumento. Hai quen precisa doutros instrumentos para conseguilo. E son precisamente estes medios de COMUNICACIÓN ALTERNATIVA os que imos aprender na ludoteca, os que nos permitan relacionarnos cos demais de xeito plenamente eficaz.

  • Luns 2: PICTOGRAMAS (dicionario de pictogramas)
  • Martes 3: I Y DIVERSIDAD (“chapa” da diversidade)
  • Mércores 4: LINGUAXE DE SIGNOS (dicionario con fotos de linguaxe de signos)
  • Xoves 5: BRAILLE (dicionario con braille)
  • Venres 6: PECHADO. FESTIVO NACIONAL

Revista do 18 de novembro

 

LOGO CASA DA MOCIDADE

Revista da Rede Galega de Información Xuvenil, onde atoparás cada semana información actualizada e de interese sobre: formación, emprego, bosas e axudas, actividades das casas de xuventude etc.

Ludoteca: A INDUSTRIA

ludoteca

Coñecer A INDUSTRIA e os seus diferentes tipos é algo moi importante e interesante. Por iso, e de xeito divertido, coñeceremos algún tipo de industria e realizaremos actividades que nos ensinarán os procesos máis básicos de produción. E non nos esqueceremos tampouco de celebrar o Día Contra a Violencia de Xénero, cunha particular e divertida actividade. Así:

  • Luns 25: AS MULLERES NA INDUSTRIA (explicación e creación dunha máquina en contra da violencia de xénero).
  • Martes 26: INDUSTRIA TEXTIL (explicación e elaboración de roupa).
  • Mércores 27: INDUSTRIA AUTOMOBILISTICA (explicación e creación de coches de cartón).
  • Xoves 28: INDUSTRIA DO METAL (explicación e creación dun barco).
  • Venres 29: INDUSTRIA QUÍMICA (explicación e experimentos de reaccións químicas).
Máis artigos...

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel