Deportes e mocidade

Ludoteca: El Principito

principito

EL PRINCIPITO” é unha obra de literatura que a pesar de ter a un neno como protagonista, non está dirixida especialmente ao público infantil. Pero si é un canto ao amor e á amizade, e tamén é toda unha declaración da importancia da infancia. Coa “lectura” deste libro pretendemos realizar actividades encamiñadas ao fomento da lectura e a aumentar a capacidade de empatía, de atención e de responsabilidade dos socios e socias da ludoteca. Realizaremos o seguinte:

  • Luns 18: PRESENTAMOS AO “PRINCIPITO” (decoración cos principais debuxos do libro a sala das brincadeiras).
  • Martes 19: POR FAVOR... PÍNTAME UN AÑO! (dinámica das sombras e lectura do conto).
  • Mércores 20: OS BOABABS E A FLOR (obradoiro dunha flor de papel).
  • Xoves 21: O “PRINCIPITO” E OS VALORES (xogos e dinámicas para potenciar valores positivos).
  • Venres 22: SE EU FOSE “PRINCIPITO” (invención dun planeta novo). 

Ludetoca: ESTAMOS DE ROMERÍA

magosto2

E para seguir celebrando as festas de San Martiño, con ESTAMOS DE ROMERÍA poremos fin a unha semana chea de actividades:

  • Luns 11: PECHADO
  • Martes 12: PECHADO
  • Mércores 13: PEÑAS POLO SAN MARTIÑO
  • Xoves 14: FACEMOS ROSQUILLAS!
  • Venres 15: O MAGOSTO!! (traede castañas asadas da casa). 

II CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

LOGO CASA DA MOCIDADE

Co obxectivo de fomentar a participación e a expresión artística das nosas tradicións, entre os/as nenos/as de todos os barrios do concello, dende a Concellería de Xuventude, convócase este concurso que se dinamizará principalmente a través dos CEIP.

  • Destinado para alumnado de infantil e primaria.
  • Prazo ata o 19 de Decembro de 2013.

Ludoteca: INVENTOS DO PASADO

telefono caseiro

INVENTOS DO PASADO é o nome co que xogaremos a vindeira semana. Actualmente vivimos cunha serie de comodidades que evolucionarona partir da súa invención. E tamén podemos usar o inxenio para facer que un sofisticado invento se converta nun divertido obxecto de xogo. Así:

- Luns 4: COMUNICACIÓN: O TELÉFONO (creación dun teléfono con vasos de iogur).

- Martes 5: TRANSPORTE: O AVIÓN (creación dun avión con rolos de papel hixiénico).

- Mércores 6: BONECAS DE TRAPO (creación de bonecas con telas).

- Xoves 7: COMUNICACIÓN: A TELEVISIÓN (creación dunha televisión de cartón).

- Venres 8: TRANSPORTE: PARACAÍDAS (creación dun paracaídas con bolsas de lixo).

Revista do 28 de outubro

LOGO CASA DA MOCIDADE

Revista da Rede Galega de Información Xuvenil, onde atoparás cada semana información actualizada e de interese sobre: formación, emprego, bosas e axudas, actividades das casas de xuventude etc.

Máis artigos...

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel