Igualdade e Servizos sociais

Ludoteca: A paisaxe no inverno

EXTERIOR RETOCADO

Coa entrada da nova estación chega tamén o Nadal, e por iso na ludoteca imos cambiar a decoración para prepararnos para estas datas que tanto nos gustan a nenos e maiores. Ademais, tamén realizaremos algún obradoiro de adornos para a árbore de Nadal da casa.

Ler máis...

Recollida solidaria de tapóns

A Plataforma Solidaria Banta, Banco de Tapóns do Baixo Miño, está a desenvolver a súa 11ª campaña de recollida. Nesta ocasión, a axuda recadada irá destinada a dous nenos: Brais, de 12 de Moaña, e Jorge, de 10 anos do Concello de Oleiros.

O Concello de Moaña quere sumarse a esta iniciativa e por este motivo pide a colaboración de diferentes sectores da poboación.

Ler máis...

Ludoteca: Semanas DISNEY

EXTERIOR RETOCADO

Con este nome e grazas a Disney, imos traballar os pecados capitais, para que aprendan a recoñecelos e a educalos, pois é vital para a súa maduración como persoas. Visualizando vídeos de Disney e xogando, aprenderán novos coñecementos sobre sentimentos, emocións e estados que non sempre son doados de recoñecer e, sobre todo, de canalizar.

Ler máis...

Ludoteca: O país dos sentidos

EXTERIOR RETOCADO

Con este nome imos xogar cos cinco sentidos: oído, olfacto, vista, gusto e tacto. É importante recoñecer e sentir todo o que nos rodea. E se o podemos facer mediante o xogo, pois moito mellor.

Descubriremos o poder dos nosos sentidos coas seguintes actividades:

Ler máis...

Ludoteca: Os nosos dereitos

EXTERIOR RETOCADO

A celebración o venres 20 do Día Mundial do Neno e a Nena é o tema principal da semana. Para aprender os seus dereitos (e deberes) realizaremos múltiples xogos e actividades. O obxectivo principal é tanto educativo como recreativo, pois non se trata só de que os coñezan, senón tamén de celebrar a súa existencia.

Ler máis...

Máis artigos...

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel