Cultura e ensino

Probas de lingua galega, niveis Celga 2 e 4

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca as probas para obter os certificados de lingua galega, niveis Celga 2 e 4 no ano 2019 (código de procedemento administrativo PL500C).

O prazo de presentación de solicitudes é do 11 de setembro ao 1 de outubro de 2019.

Ler máis...

Cursos de linguaxe administrativa galega e Celga

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional abriu o prazo para inscribirse, de maneira gratuíta, nos cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de Galicia.

Prazo de inscrición: desde o 2 ata o 11 de setembro de 2019 para os cursos que se van impartir de outubro a xaneiro.

Prazo de inscrición: desde o 30 de decembro de 2019 ata o 10 de xaneiro de 2020 para os cursos que se van impartir de febreiro a maio.

Solicitudes: as persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega

Ler máis...

Rechouchío de setembro e outrubro 2019

Este venres 20 de setembro, na Axencia de Lectura Municipal de Tirán, ás 18.00,  Magín Blanco vén visitarnos co seu concerto titulado Camiños.

Ler máis...

Actividades de verán 2019 para a mocidade

Na pestana "taboleiro" está o modelo de solicitude para cubrir e descargar.

Máis artigos...

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel