Cultura e ensino

Os Axóuxeres 2015

cartel os axouxeres

Os Axóuxeres chegan a Moaña o sábado 10 de outubro ás 12.00 h no auditorio Daniel Castelao en Quintela da man da compañía de teatro Elefante Elegante.

Para público infantil de 0 a 6 anos e as súas familias.

Reserva a túa praza no tel. 697 363 089 a partir do luns 5 de outubro no horario de 10.00 a 13.00 h.

Tes máis información en www.lingua.gal

Migallas Teatro

 

 

Merenda con pan de millo é un espectáculo de pequeno formato baseado no libro-disco Pan de millo, editado pola Editorial Kalandraka. Nel combínanse cancións e narración oral co proceso da elaboración do pan de millo como fío condutor.

Para nenas e nenos de 4 a 12 anos.

O venres 18 de setembro ás 18.00 h. na Biblioteca Municipal de Moaña (Quintela).

*Entrada libre ata completar aforo.

Novos cursos e horario Aula CeMIT

cemit moana2015

A aula CeMIT pecha momentaneamente as súas portas dende o día 14 ata o 27 de setembro, para volver con novos cursos e cun novo horario.

Á volta, o horario da aula pasa a ser todas as tardes de 16:00 a 21:00 h, e martes, mércores e xoves tamén de mañá de 10:00 a 14:00 h.

O prazo para apuntarse aos cursos comeza o martes 8 de setembro ás 11:00 da mañá ata que se rematen as prazas.

Horario    Cursos

Ler máis...

Curso para obtención CODIX na rede CeMIT

20120207 logo codix

Publicada o 1 de setembro no DOG a convocatoria do curso de teleformación para a obtención do CODIX na rede CeMIT.

A inscrición faise na páxina web da rede CeMIT a partir do mércores 2 de setembro ás 09:00 h por rigurosa orde de solicitud e o pago das taxas en caso de ser admitido é de 10 €.

Para ver as bases da convocatoria prema aquí

Máis artigos...

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel