Cultura e ensino

Curso de teleformación para a obtención da certificación galega de competencias dixitais

No DOG de 25 de setembro de 2014 publícase a resolución que autoriza a Rede de centros para a modernización tecnolóxica de Galicia (Rede CeMIT), para a formación e avaliación dos contidos que compoñen a certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX), tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación.
No curso desenvolveranse os seguintes temas:
• Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (30 horas).
• Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer (30 horas).
• Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc (50 horas).
• Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base (50 horas).
• Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress (30 horas).

O número de prazas son de 360 e os destinatarios son usuarios da rede CeMIT maiores de 16 anos.

Podes anotarte na páxina web da rede CeMIT http://cemit.xunta.es/

Máis información premendo aquí

VI Canto xogo!

brinca

xoves 30 de abril Paco Nogueiras tráenos o espectáculo a Moaña Brinca Vai! De aquí a acolá, baseado no libro-cd-dvd, editado por Kalandraka Editora, no que combina cancións, animación e interpretación cos ritmos e rexistros máis actuais e divertidos.

Con esta actividade, comezamos os obradoiros de contos, xogos e música Canto xogo! para público familiar.

Unha hora de xogos e cancións

Para nenas e nenos de 3 a 10 anos

Ás 18.00 h na parte alta da praza de abastos

Podes saber máis en Ler máis...

Contacontos na biblioteca

CONTACONTOS

MARSOPACONTOS

por

Fran Insua

Historias con animais de protagonistas. Animais personificados en situacións humanas, que, cos seus erros e acertos, farannos pasar un bo cacho. Lobos que queren voar, elefantes namorados, dinosauros cociñeiros, gorilas tímidos e ata algún monstro compoñen este zoolóxico de contos

VENRES, 19 DE SETEMBRO, ÁS 18 H.

NA BIBLIOTECA MUNICIPAL (QUINTELA)

PARA NENOS E NENAS DE 3 A 12 ANOS

Faite dixit@al na aula CeMIT en outubro

Logo Faixe Digital def con claim

A aula CeMIT de Moaña cambia de horario que a partir do día 15 de setembro pasa a ser de luns a venres polas tardes de 17:30 a 22:00 horas, e martes, mércores e xoves tamén polas mañás de 10:30 a 14:00 horas.

A aula CeMIT de Moaña neste mes de outubro comenza un período moi intenso de cursos xa que participará no programa “Faite Dixit@l”, un proxecto da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) da Xunta de Galicia, que é un programa de capacitación dixital gratuíto, a través de multivideoconferencia nos propios centros da rede CeMIT. Así dende a aula poderase asistir a cursos de “Marca persoal” en relación ao marketing online, “Servizos telemáticos da administración electrónica”, “Programación para dispositivos móbiles” e o primeiro en comezar o día 6 de outubro de “Apps e dispositivos móbiles: aplicaciones móbiles para facer a túa vida máis doada”. Os cursos terán unha duración de entre 25 e 30 horas cada un, en horario de 16:00 a 20:00 h.

Ademais do programa Faite Dixit@l, a aula CeMIT programará para este mes 2 novos grupos do curso de “Retoques de fotografías: Iniciación a GIMP”, 1 novo grupo dos cursos de “Iniciación á Informática”, “Iniciación a Internet” e “Correo electrónico” e seguirá ofrecendo aos alumnos que comezaron a súa formación en paquete ofimático co procesador de textos, 2 novos cursos no paquete Libreoffice, un de folla de cálculo e outro de base de datos.

O prazo para anotarse aos distintos cursos comeza o luns 15 de setembro ás 17:30 horas ata que se rematen as prazas.


Faite dixital Anuncio cursos Horario

 

Máis artigos...

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel