Cultura e ensino

A aula CeMIT cambia de horario

O novo horario da aula CeMIT de Moaña dende o 1 de xullo ata o 16 de setembro, pasa a ser de 08:15 a 14:15 horas de luns a venres.

A Aula CeMIT, do Concello de Moaña realizará cinco obradoiros durante o mes de xullo, continuando camiño formativo dos alumnos que superaron o curso de “Iniciación á informatica: Achégate ás TIC” coa realización dos obradoiros: “Iniciación a internet: Sácalle partido á rede” e “Correo electrónico: Comunicate”.

Tamén se impartirá o curso “Elabora o teu CV”, dirixido aos alumnos que anteriormente realizarón o curso de busca de emprego.

Así mesmo a aula ofrecerá 2 cursos de procesador de texto: Iniciación a Writer.

O primeiro comezará o 1 de xullo ata o 12 de xullo de 09:00 a 11:45, luns, mércores e venres.

O segundo curso comezará o día 29 de xullo ata o 5 de agosto, tódolos días de 09:00 a 10:45.

O prazo para anotarse aos distintos cursos, comezará o martes 25 de xuño, dende as 12:30 da mañá.

As actividades da Aula CeMIT de Moaña en xuño complétanse coa aula aberta de 08:15 a 09:00 e de 12:45 a 14:15 de luns a venres.

A aula CeMIT permanecerá pechada dende o día 15 ata o 26 de xullo.

 

Ciclo de concertos de fin de curso

No que queda do mes de xuño, a Escola de Música presenta os seguintes eventos nos que o alumnado lucirá parte do repertorio aprendido estes últimos meses de actividade.

- Xoves 13 ás 17.30 h na Escola de Música: AUDICIÓN DE FRAUTA e ás 20.00 h na Escola de Música: AUDICIÓN DE CLARINETE

- Venres 14 ás 18.30 h no auditorio D. Castelao: FESTIVAL DE INICIACIÓN

- Luns 17 ás 20.00 h na Escola de Música: RECITAL DE ALUMNADO ADULTO

- Martes 18 ás 20.00 h na Escola de Música: AUDICIÓN DE TROMPETA E TROMPA

- Mércores 19 ás 17.00 h na Escola de Música: AUDICIÓN DE PIANO

- Xoves 20 ás 19.00 h no auditorio D. Castelao: FESTIVAL OBRADOIROS 2013

- Venres 21 ás 18.00 h en San Martiño: FESTIVAL “DIA INTERNACIONAL DA MÚSICA”

Accede a toda a información deste ciclo de concertos no blog do centro: escolamusicamoana.blogspot.com.es

Novos cursos na aula CeMIT en xuño

Neste mes de xuño crearase 1 novo grupo de iniciación ao que se lle ofrecerá un primeiro camiño formativo composto polos cursos de alfabetización dixital, “Iniciación á informática: Achégate ás TIC”, “Iniciación a internet: Sácalle partido á rede” e “Correo electrónico: webmail”.

Así mesmo a aula ofrecerá 3 cursos de correo electrónico dirixido aos usuarios que participaron en anteriores grupos de iniciación.

A oferta de cursos complétase con 2 cursos de procesador de texto: Iniciación a LibreOffice

A maiores, a aula CeMIT de Moaña continuará a sua colaboración coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer do Morrazo (AFAMO), impartindo un curso de iniciación á informática adaptado aos seus membros.

O prazo para anotarse aos distintos cursos, comezará o xoves 23 de maio, dende as 12:30 da mañá.

As actividades da Aula CeMIT de Moaña en xuño complétanse coa aula aberta.

Novos cursos da aula CeMIT en Maio

Neste mes de maio crearanse 2 novos grupos de iniciación, así mesmo a aula ofrecerá 3 cursos de correo electrónico dirixido aos usuarios que participaron en anteriores grupos de iniciación, e a novos usuarios que posúan coñecementos básicos de navegación en Internet e correo electrónico.

A oferta de cursos complétase cun curso de Procura de emprego na rede”.

A maiores, a aula CeMIT de Moaña continuará a sua colaboración coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer do Morrazo (AFAMO), impartindo un curso de iniciación á informática adaptado aos seus membros.

As actividades en maio completanse coa aula aberta na que os usuarios e usuarias poden dispoñer do equipo para uso libre e a resolución de dúbidas.

O prazo para anotarse aos distintos cursos, comezará o martes 23 de abril, dende as 12:30 da mañá.

 

Máis artigos...

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel