Cultura e ensino

Novos cursos da aula CeMIT en setembro

02 cursos setembro 16

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Moaña; cambia de horario o 19 de setembro pasando a ter un horario de 16:00 a 21:00 todos os días, e os martes, mércores e xoves, tamén de mañá en horario de 10:00 a 14:00.

A partir do 19 de setembro impartiranse 3 novos cursos de iniciación á informática, 1 grupo os luns, mércores e venres de 19:00 a 21:00, outro os martes e xoves de 19:00 a 21:00 e o terceiro en horario de mañá, os martes, mércores e xoves, de 10:30 a 12:30.

O prazo para apuntarse comezará o mércores 31 de agosto, ás 13:00.

Ler máis...

Volve a aula CeMIT de Moaña o 8 de agosto

01CartelConFondo

 

A aula CeMIT volve o 8 de agosto celebrando 2 grupos do curso de Iniciación á Informática dirixido a persoas en situación de busca de emprego, que terán lugar de luns a venres, dende o 11 de agosto ata o 16 de setembro.

Crearanse 2 grupos, un de 9:00 a 11:00 e outro de 11:00 a 13:00 e o prazo para anotarse comeza o 8 de agosto.

Ler máis...

Curso superior de linguaxe administrativa

No Diario Oficial de Galicia do mércores 1 de xuño de 2016 aparece publicada a Resolución do 23 de maio de 2016 pola que se convocan, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, cinco cursos de nivel superior de linguaxe administrativa galega para persoal ao servizo de distintas administracións da Cominidade Autónoma de Galicia.

Letras Galegas 2016

 

Ler máis...

Máis artigos...

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel