Cultura e ensino

A aula CeMIT impartirá nove obradoiros en abril

Neste mes de abril crearanse 3 novos grupos aos que se lles ofrecerá un primeiro camiño formativo composto polos cursos de alfabetización dixital, “Iniciación á informática: Achégate ás TIC”, e “Iniciación a internet: Sácalle partido á rede”, co obxectivo de capacitar o alumnado no uso básico de internet.

A maiores, a aula CeMIT de Moaña colaborará coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer do Morrazo (AFAMO) ofrecendo un curso de iniciación á informática adaptado aos seus membros.

En total, a aula CeMIT de Moaña formará neste mes de abril a 56 persoas que compoñen un total de 7 grupos.

As actividades da Aula CeMIT de Moaña en abril complétanse coa aula aberta na que os usuarios e usuarias poden dispoñer do equipo para uso libre e a resolución de dúbidas. O horario da aula aberta será de 12:15 a 14:00 h de martes a xoves, de 19:00 a 20:00 h luns e mércores, e de 17:00 a 20:00 h martes, xoves e venres.

A aula CeMIT impartirá 3 obradoiros en marzo

A Aula CeMIT de Moaña acollerá dende o 18 de marzo ao 27 de xullo o obradoiro “Alfabetización dixital: Iniciación á informática". O horario será os luns, mércores e venres de 20:00 a 21:45 horas.

O mesmo curso de “Alfabetización dixital: Iniciación á informática” pero en horario de mañá impartirase entre o 19 e o 27 de marzo. O horario será os martes, mércores e xoves de 10:30 a 12:15 horas.

Entre o 19 de marzo ata o 2 de abril impartirase o curso “Alfabetización dixital: Iniciación á Internet”. O horario será os martes e xoves de 20:00 a 21:45 horas.

As actividades da Aula CeMIT de Moaña en marzo complétanse coa Aula aberta en horario de 12:15 a 14:00 de martes a xoves, e de 17:00 a 20:00 de luns a venres.

A aula CeMIT abre as súas portas

 

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Moaña retoma as súas actividades o vindeiro venres 1 de marzo ás 17:00 horas.

O horario da aula será polas tardes de luns a venres de 17:00 a 21:45 e polas mañás os martes, mércores e xoves de 10:15 a 14:00.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Moaña sita rúa María Martín nº. 4 (Casa da Mocidade), a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel