Convocatorias

Modificación criterios de selección do programa de contratación temporal de persoas perceptoras da RISGA

Informamos a todas as persoas interesadas que xa están publicados, no taboleiro de anuncios do Concello e da páxina web, a Modificación criterios de selección do programa de contratación temporal de persoas perceptoras da RISGA.

Probas de galego

CELGA

A Secretaría Xeral de Política Lingüística publicou no DOG núm. 66, do martes 4 de abril de 2017, a convocatoria para inscribirse nas probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

As datas de realización das probas son:

Celga 4: 10 de xuño de 2017

Celga 2: 11 de xuño de 2017.

Celga 3: 17 de xuño de 2017.

Celga 1: 18 de xuño de 2017.

Ata o xoves 4 de maio está aberto o prazo de inscrición.

Concertación dun contrato de apertura de conta corrente

O concello de Moaña inicia un procedemento para a concertación dun contrato de apertura de conta corrente operativa destinada ó ingreso dos fondos correspondentes á recadación municipal.

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel