Avisos

Resultados Definitivos da fase de oposición dun Dinamizador do Plan de Inclusión Dixital

Xa están publicados os resultados definitivos da fase de oposición da praza de Axente Dinamizador do Plan de Inclusión Dixital do Concello de Moaña.

O tribunal declara a praza deserta e pecha este proceso selectivo.

Podese consultar no taboleiro.

ANUNCIO

Co obxecto de dar cumprimento ao requisito de publicidade da subvención para o financiamento da actuación “Gasto corrente novo: Servizo de limpeza viaria Urbaser SA.” concedida pola Deputación Provincial de Pontevedra dentro do Plan Concellos 2017, faise saber:

 

SUBVENCIÓN DA DEPUTACIÓN AO CONCELLO PARA O FINANCIAMENTO DO SERVIZO DE LIMPEZA VIARIA COA EMPRESA URBASER S.A.

 

A Deputación Provincial de Pontevedra, mediante acordo da súa Xunta de Goberno de data 28.04.2017, ten concedida ao Concello de Moaña unha subvención por importe de 144.811,23 euros, ao abeiro da finalidade gasto corrente novo, da liña 2, do Plan Concellos 2017, para o cofinanciamento do servizo de limpeza viaria deste Concello durante 7 meses.

 

O Concello ten Subcontratado o servizo de limpeza viaria coa Empresa Urbaser S.A. Esta subvención da Deputación Provincial servirá para financiar o 80,40% do pagamento dos gastos de funcionamento do servizo de limpeza viaria contratado con esta empresa durante os sete primeiros meses do ano 2017.

 

Moaña, 4 de agosto de 2017.

 

A alcaldesa

Leticia Santos Paz.

ANUNCIO

LICITACION PARA O CONTRATO DE SERVIZOS DE LIMPEZA VIARIA NO CONCELLO DE MOAÑA (48 MESES + 24 MESES PRORROGA)

Ver no Perfil do Contratante

Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluidas e valoración definitiva de currículos do proceso selectivo de auxiliares administrativos interinos

Informamos que xa está publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e valoración definitiva de currículos para o proceso selectivo de auxiliares administrativos/as con carácter de persoal funcionario interino.

O primeiro exercicio da fase de oposición, tipo test, será o mércores 27 de setembro de 2017 ás 16:00 horas no salón de actos do IES As Barxas de Moaña.

Poden consultar a lista no taboleiro.

Resultados definitivos do proceso selectivo para o Plan Concellos 2017 da Deputación Provincial

Informamos a todas as persoas interesadas que xa están publicados, no taboleiro de anuncios do Concello e da páxina web, os resultados definitivos para o Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra.

As persoas aspirantes (marcadas en letra negra) seleccionadas para varios postos terán que escoller o da súa preferencia mediante escrito presentado no rexistro do Concello de Moaña.

Para realizar os desempates, as persoas aspirantes coa mesma puntuación terán que entregar no rexistro do Concello de Moaña a documentación requirida nas bases ata o día 31 de marzo de 2017.

Máis artigos...

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel