Avisos

Resultados definitivos proceso selectivo para listas de contratación 2016-17

Informamos a todas as persoas interesadas que xa están publicados, no taboleiro de anuncios do Concello e da páxina web, as listaxes definitivas con desempate do proceso selectivo para os postos de monitor/a de ludoteca, Conductor, oficial 1ª albanel, oficial 1ª carpinteiro e oficial 1ª electricista para a confección de listas de contratación 2016-2017.

SOLICITUDE DA LIÑA DE EMPREGO DENTRO DO PLAN CONCELLOS 2016 DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL

Dentro da liña 4 (Emprego) do Plan Concellos 2016 da Deputación Provincial, o Concello de Moaña ten solicitado subvención para a contratación de 24 traballadores desempregados, coas categorías profesionais e meses de contrato que se indican:

Categoría  Nº persoas Nº meses

profesional

Oficial albanel......... 1............ 10

Oficial Carpinteiro.... 1............ 10

Oficial fontaneiro..... 1............. 10

Peón obra pública.... 4............. 10

Limpador/a............. 5............. 10

Conserxe ................2 .............. 9

Peón xardineiro....... 4.............. 7

Peón limpeza espazos naturais 4 6

Conserxe................ 2............... 4

Total ................... 24

Bases para a confección de listaxes de contratación para os anos 2016-2017

Informamos a todas as persoas interesadas que xa están publicadas, no taboleiro de anuncios do concello e da páxina web, as bases para a confección de listaxes de contratación para os anos 2016-2017 para as seguintes categorías de traballadores:

  • Limpador/a
  • Conserxe de servizos múltiples
  • Condutor/a
  • Oficial 1ª albanel - enterrador/a
  • Oficial 1ª carpinteiro/a
  • Oficial 1ª electricista
  • Peón de servizos múltiples
  • Monitor/a da ludoteca

O prazo de presentación de solicitudes no rexistro do Concello de Moaña será dende o 21 ata o 30 de novembro de 2015 ambos os dous inclusive.

    Bases para a confección de listaxes de substitución para profesores/as de música

    Informamos a todas as persoas interesadas que xa están publicadas, no taboleiro de anuncios do concello e da páxina web, as bases para a confección de listaxes de substitución para profesor/a de música das seguintes especialidades:

    • Profesor/a de música na especialidade de SAXOFÓN
    • Profesor/a de música na especialidade de FRAUTA TRAVESA
    • Profesor/a de música na especialidade de PIANO

    O prazo de presentación de solicitudes no rexistro do Concello de Moaña será dende o 21 ata o 30 de novembro de 2015 ambos os dous inclusive.

      Bases para a confección dunha listaxe de substitución para profesor/a de trompeta

      Informamos a todas as persoas interesadas que xa están publicadas, no taboleiro do Concello e da páxina web, as bases do proceso selectivo para a confección dunha listaxe de substitución para o posto de profesor/a de trompeta da Escola Municipal de Música de Moaña.

      O prazo para a presentación de solicitudes será de 10 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación do extracto destas bases no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

      Máis artigos...

      Bótalle un ollo a ...

      Cartel
      Cartel
      Cartel
      Cartel
      Cartel
      Cartel
      Cartel
      Cartel