Avisos

Bando

BANDO DA ALCALDÍA

ASUNTO: ENTIDADES INTERESADAS EN CONTRATAR CO CONCELLO DE MOAÑA

Infórmase a todas as persoas físicas ou xurídicas interesadas en contratar co Concello de Moaña, que a recente entrada en vigor da Nova Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se transpoñen ao ordenamento xurídico estatal as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014 , estableceu novos requisitos de obrigado cumprimento para todas aquelas empresas ou persoas físicas que queiran contratar coas entidades do sector público.

Entre esas novidades destaca a Inscrición no Rexistro de Licitadores da comunidade Autónoma de Galicia, que será obrigatoria para participar nos procedementos abertos simplificados a partir do transcurso dos seis meses da entrada en vigor da lei, polo que a partir do 10 de setembro de 2018, será un requisito imprescindible e de obrigado cumprimento.

 

Ler máis...

Salvamento en praias 2018

Informamos a todas as persoas interesadas que están publicadas as novas Bases do proceso selctivo de Salvamento en praias II 2018, pódese consultar no tabolerio do Concello e na páxina web.

ANUNCIO

Expte: 270/2018     Expte.: 217032924

ANUNCIO PARA A DIVULGACIÓN DO FINANCIAMENTO DA ENTIDADE PROVINCIAL

Rehabilitación do lavadoiro da Porta do Sol

Remataron as obras de Rehabilitación do Lavadoiro da Porta do Sol. Para a realización desta actuación, o Concello de Moaña  solicitoulle subvención á Deputación de Pontevedra ao abeiro da convocatoria de axudas dirixidas a concellos para a rehabilitación e a sinalización do patrimonio histórico-cultural (BOPPO, 01.06.17).

Ler máis...

Proceso selectivo do programa Aprol Rural 2018

Informamos a todas as persoas interesadas que xa están publicados, no taboleiro do concello e da páxina Web, os resultados definitivos do proceso selectivo do programa Aprol rural 2018 para a selección de 2 peóns forestais.

ANUNCIO LIÑA 3. EMPREGO

ANUNCIO.
Co obxecto de dar cumprimento ao requisito de publicidade da subvención correspondente á Liña 3: Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais, concedida a este concello pola Deputación Provincial de Pontevedra dentro do Plan Concellos 2018, faise saber:

SUBVENCIÓN DA DEPUTACIÓN AO CONCELLO PARA O COFINANCIAMENTO DA CONTRATACIÓN DE 29 TRABALLADORES DENTRO DA LIÑA 3: EMPREGO PARA A CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS, DO PLAN CONCELLOS 2018.

Ler máis...

Máis artigos...

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel