Avisos

Desempate listas contratación 2014-15

Segundo o estabelecido na base oitava “Elaboración e funcionamento das listas”, no suposto de empate nas puntuacións totais finais de dúas ou mais persoas aspirantes, este resolverase a favor da persoa que leve mais tempo desempregada o que acreditará mediante certificado emitido pola oficina de emprego; se o empate persistise, será preferente a persoa de maior idade, e de persistir aínda, resolverase por sorteo.

Visto o anterior requírese a todas as persoas aspirantes que superaron o exame tipo test (nota igual ou superior a 5) para que acheguen un certificado actual emitido pola oficina de emprego no que indique claramente a data de antigüidade como demandante de emprego. Non será válida a tarxeta de demandante de emprego.

O dito certificado entregarase no Rexistro Xeral do Concello de Moaña, indicando o posto ao que optou, durante os días 30 e 31 de xaneiro e 1 de febreiro de 2014.

A entrega do certificado non é obrigatoria, aquelas persoas que non o acheguen e esten empatadas en puntuación farán o desempate segundo o seguinte criterio estabelecido nas bases, é dicir, segundo a idade.

 

Moaña, 29 de xaneiro de 2014

Gala do Deporte 2014

Informase a todas as asociacións deportivas do concello de Moaña que se abre o prazo para presentación de candidaturas para a Gala do Deporte 2014. Cada asociacion ou clube deportivo poderá presentar un máximo de tres candidatos por nominación. A data limite para entrega de candidaturas será o vindeiro día 5 de febreiro no rexistro do concello. Pregase que se adxunten os datos en copia dixital.

As nominacións faranse tendo en conta o seguinte:

ARTIGO XV.- GALA DO DEPORTE

Cada ao celebraráse a Gala do Deporte que ten como finalidade facer un recoñecemento oficial e premiar a todos aqueles estamentos deportivos que máis destacasen nese ano ou tempada.

Estableceranse as seguintes nominacións:

  • Mellor deportista masculino
  • Mellor deportista femenino
  • Mellor equipo masculino
  • Mellor equipo femenino
  • Mellor adestrador
  • Mellor deportista veterano
  • Mellor deportista veterana
  • Mellor entidade deportiva
  • Mención de honra a unha entidade
  • Mellor medio de comunicación
  • Mencion por especialidade.

 

Por cada nominación haberá tres finalistas agás en Mención de Honra e Mención por especialidade, que só haberá un finalista.

Os candidatos as nominacións poderán ser aqueles que, aínda sin ser nacidos en Moaña teñen acreditado o seu traballo como deportista en calquer entidade deportiva do Concello, así mesmo tamén poderán ser candidatos os que sendo de Moaña pertenecen a entidades deportivas de fora do Municipio.

Loito

bandera-galicia-luto-2

Con motivo do accidente ferroviario acontecido en Santiago de Compostela, o venres 26 ás 13:00 gardarase no Concello un minuto de silencio en memoria das vítimas do accidente.

Así mesmo todas as actividades organizadas polo concello quedan suspendidas.

PAH do morrazo

Informamos a todos os veciños de Moaña que teñen á súa disposición a  Plataforma de afectados polas hipotecas do Morrazo

(PAH do Morrazo), que dita plataforma ten as seguintes vías de contacto:

 

Telefono do PAH: 605249955

e-mail do PAH: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Puntualmente informados en  http://pahdomorrazo.blogspot.com

 

Dita plataforma se reúne o 3º xoves de mes, as 20:00 H no salón de plenos do concello de Moaña.

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel