Erro
  • JUser::_load: Unable to load user with id: 62

Preámbulo

Ao aprobar o seu Regulamento de Participación Veciñal en agosto de 1993, o Concello de Moaña converteuse en pioneiro na articulación do dereito dos veciños e veciñas a participar da xestión municipal.

Afirmaba o preámbulo daquel primeiro Regulamento:
“ A democracia participativa, emanada da base da sociedade a través da iniciativa popular e das organizacións e entidades comunitarias, debe ser o complemento e elemento enriquecedor da democracia representativa. Participación e descentralización, xunto coa eficacia e a transparencia na xestión, permiten a un concello aberto e democrático impulsar unha actuación ao servizo dos intereses da comunidade”.

Estas palabras seguen mantendo a súa plena validez e o Regulamento entón aprobado é ainda hoxe en día un documento avanzado, modelo a imitar por moitos Concellos galegos. Non obstante, a maduración democrática da sociedade moañesa e o seu desexo de implicarse de maneira corresponsable nas decisións colectivas, esíxenos proceder á modificación daquela regulamentación inicial para profundizar na participación social e promover novos instrumentos de control cidadán sobre a xestión municipal.

Polo tanto, proponemos a seguinte MODIFICACIÓN DO REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN VECIÑAL DO CONCELLO DE MOAÑA que, partindo do texto de 1993, incorpora a experiencia de dez anos de posta en práctica e pretende adecuar o modelo de participación á realidade da Moaña actual, incidindo sobre todo nos seguintes puntos:

a) Recoñecer as entidades territoriais (parroquias e barrios) mediante a regulación do funcionamento dos Consellos Parroquiais e de Barrio.

b) Reforzar os mecanismos de información e participación das entidades sociais nas decisións municipais.

c) Preservar os dereitos dos veciños a unha Administración local transparente, eficiente e eficaz.

  • Sábado, 11 Decembro 2010

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel