Erro
  • JUser::_load: Unable to load user with id: 62

Dos consellos sectoriais

Artigo 17.- Os Consellos Sectoriais son órganos complementarios da institución municipal para a participación directa dos veciños agrupados en asociacións para facer cegar as súas iniciativas aos distintos órganos do Concello.

Artigo 18.- Os Consellos Sectoriais reuniranse cunha periodicidade trimestral, convocados polo seu presidente ou por solicitude da cuarta parte dos seus membros.

Artigo 19.- As reunións dos Consellos Sectoriais son sempre públicas e a intervención de particulares interesados no asunto que se aborde, será cando así o teña solicitado antes de comezar a reunión.

Artigo 20.- Os Consellos Sectoriais réxense por cadansúas normas de réxime de funcionamento interno elaborado no seu seo.

Artigo 21.- As funcións dos Consellos Sectoriais son as de consulta, informe e proposta sobre os plans, proxectos e iniciativas de actuación municipal que lles afecten no seu ámbito definido.

Artigo 22.- Poderanse formar, por acordo do Pleno, os Consellos Municipais de Cultura, Saúde, Deportes, Educación, Medioambiente e todos aqueles que o Concello considere necesarios.

Artigo 23.- Os Consellos Sectoriais estarán formados polo Alcalde ou membro da corporación en quen delegue, e como vocais por un representante nomeado por cada grupo municipal e por cada unha das asociacións interesadas en integrarse neste órgano e rexistradas como tales.

Artigo 24.- Serán funcións do Consello Sectorial:

a) Informar ao Concello sobre os problemas específicos do sector.

b) Proponer aquelas solucións e alternativas aos problemas da área de actuación, sendo os seus informes de consideración polos órganos do Concello a quen lles corresponda decidir sobre o asunto.

c) Proceder ao seguimento dos acordos adoptados polo Concello sobre as propostas do Consello Sectorial.

d) Os Consellos Sectoriais velarán especialmente porque o orzamento destinado ao ámbito que lles afecte non sexa desviado para outros fins.

  • Sábado, 11 Decembro 2010

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel