Erro
  • JUser::_load: Unable to load user with id: 62

Do valedor dos veciños

Artigo 31.- O Valedor dos Veciños é un órgano unipersoal que se crea para a defensa dos dereitos e intereses dos veciños de Moaña, tanto a nivel individual como colectivo, e para o control dos actos da Administración local en relación cos administrados. O Valedor configúrase como un órgano de garantía e colaboración entre o Concello e a cidadanía.

Artigo 32.- O Valedor será elixido polo Pleno da Corporación a proposta da Xunta de Portavoces. A ou as candidaturas poderán ser propostas á Xunta de Portavoces por algún gupo político ou por algún colectivo veciñal.

Artigo 33.- O Valedor dos Veciños exercerá o cargo para o que foi designado por un período de tres anos revalidable unha soa vez, de forma que só poida desenvolvelo a mesma persoa durante seis anos consecutivos.
Artigo 34.- O Valedor do Veciño non estará suxeito a mandato imperativo algún nin recibirá instruccións de ninguna autoridade no desempeño das súas funcións, para o que contará con autonomía e independencia nas súas actuacións e criterio propio.

Artigo 35.- A condición de Valedor do Veciño é incompatible on todo mandato representativo de elección popular, coa permanencia no servicio activo no Concello de Moaña, ou organismos ou entes oficiais con el relacionados; co exercicio das cairreiras xudicial, fiscal e militar e co desempeño de funcións directivas nunha asociación ou fundación, partido político sindicato, organización empresarial ou entidades dependentes dos mesmos.

Artigo 36.- O Valedor do Veciño ten como misión a prestación dun servicio de asesoramento, mediación, información e intervención coa cidadanía nas súas relacións co Concello de Moaña, Organismos Autónomos, Patronatos, Fundacións e outros entes que constitúen a Corporación Local.

Para o desenvolvemento das súas funcións terá as seguintes competencias:

1.- Iniciar e practicar unha investigación para o esclarecemento de actos ou conductas municipais que afecten a unha persoa ou un grupo de cidadáns.

2.- Dirixir recomendacións ou recordar deberes legais aos órganos competentes.

3.- Emitir informes na área da súa competencia a solicitude do Pleno da Corporación ou por iniciativa propia.

4.- Divulgar, a través de todos os medios ao seu alcance, a natureza dos seus traballos, as súas investigacións e o Informe anual.

Artigo 37.- O Valedor do Veciño poderá iniciar as súas actuacións de oficio ou a instancia de parte.

Artigo 38.- O Valedor do Veciño actuará conforme aos principios de cooperación e lealdade institucional. Os órganos de goberno municipal terán o deber e a obriga de facilitar o labor de Valedor do Veciño, dotándoo dos medios humanos e técnicos necesarios para o cumprimento das súas funcións. Así mesmo, os Departamentos, Servicios, Sociedade Anónimas Municipais e outros entes que constitúen a Administración municipal teñen o deber de auxiliar ao Valedor dos Veciños en todas as súas actuacións.

Artigo 39.- O Pleno da Corporación aprobará un Estatuto do Valedor do Veciño que recolla con detalle o sistema de elección, funcións e protocolo de actuación.

  • Sábado, 11 Decembro 2010

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel