MEDIDAS DO CONCELLO DE MOAÑA SOBRE CORONAVIRUS

Con motivo da pandemia do coronavirus, desde o Concello de Moaña facemos un chamamento á veciñanza para que extreme as precaucións, incidindo no lavado de mans e en evitar as aglomeracións de persoas, así como facer seguimento das indicacións emitida desde as autoridades sanitarias.

  • Suspéndense os seguintes servizos municipais: Escola de Música Municipal, Escola de Música Tradicional, Biblioteca Municipal, Axencias de lectura de Tirán e Domaio, Aulas de Memoria, Aulas de Ximnasia, Ioga, Ludoteca, Escola de Familias e Sentir e Pensar.
  • Suspéndense todas as actividades nos centros sociais e culturais municipais e nas instalacións deportivas de xestión municipal.
  • Suspéndense todos os actos e eventos organizados polo Concello de Moaña.
  • A atención ao público será exclusivamente telefónica (986310100) ou telemática en todos os departamentos dependentes do concello. Para Casa da Mocidade o teléfono será (986315457). A atención presencial quedará limitada a casos de extrema necesidade e sempre con previa cita solicitada de forma telefónica ou telemática ao Concello de Moaña.
  • Para o servizo de Rexistro Xeral do Concello empregarase a Sede Electrónica municipal accesible 24h e só nas casos de urxencia xustificada telefonicamente (986310100) facilitarase unha cita para atención presencial.
  • A entrada principal da casa do Concello permanecerá pechada ao público.
  • Decrétase o peche da piscina municipal desde o luns 16 de marzo de 2020, ata que a presente situación de emerxencia non remita.
  • Decrétase a suspensión do mercadillo municipal con efectos do 14 de marzo de 2020, ata que a presente situación de emerxencia non remita.
  • Decrétase o precinto de todas as áreas de xogo infantís con carácter inmediato, ata que a presente situación de emerxencia non remita.
  • En aplicación do RD 463/20 quedan suspendidos todos os prazos para a tramitación de calquera procedemento, incluídos os procesos selectivos. Sen prexuízo da suspensión do cómputo dos prazos, as persoas interesadas poderán seguir presentando solicitudes a través da sede electrónica do Concello de Moaña. Estes prazos reanudaranse no momento en que perda a vixencia o estado de alarma.

PDF medidas do Concello sobre CORONAVIRUS

PDF medidas complementarias

PDF novas medidas para o persoal durante o estado de alarma

PDF con medidas fiscais

GALICIA LE plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas.

Non tés carné de biblioteca? Rexístrate e coas claves que recibirás, accederás igualmente a eBiblio Galicia e ao Catálogo galego. Cando remate a corentena, disporás de 30 días para achegarte á biblioteca a solicitar o carné e seguir gozando das vantaxes de GaliciaLe.

Vídeo en lingua de signos do BANDO sobre coronavirus
Video en lingua de signos MEDIDAS Concello de Moaña