Saltear al contenido principal

KEIMAZAPAS. RASTREXO MOAÑA. Sábado 26 de marzo.

Dende a Concellaría de Mocidade, presentamos o KEIMAZAPAS. unha proba de rastrexo coordenada e preparada polo Obradoiro Moaña Moza II dependente do Patronato Beiramar. Esta proba pretende unificar deporte e emoción con diferentes percorridos polo casco urbano e polas zonas máis rurais do entorno do noso centro urbano. Preséntanse dúas categorías, unha para a rapazada máis miúda de 6 a 12 anos cun percorrido mais factible e adaptado e outra para maiores de 13 anos (de 13 a 99 anos) na que aumenta a distancia e a complexidade do percorrido.

Un percorrido controlado e coordenado polo Obradoiro Moaña Moza II, no que teremos a cMo – Casa da Mocidade de Moaña como inicio e como remate das probas, para que así poidan empregar esta instalación nos intres de espera. Unha actividade complexa pero gratificante, na que pretendemos que a natureza e o compañeirismo sexan o eixo fundamental desta proba, asemade sortearemos entre as persoas participantes das probas diferentes agasallos, e teremos dous premios para cada unha das categorías, un bono de 100 euros para o equipo de 6 a 12 anos e un bono de 250 euros para o de maiores de 13 anos, bonos para canxear no Comercio Local e Comarcal.

Inscrición e bases no seguinte enlace:

https://docs.google.com/forms/d/1GouNHPwhwq5Aeyz6IoVBHcSTVQUtjLigziayIIOFK1A/viewform?edit_requested=true