Dende a Concellaría de Mocidade, presentamos o KEIMAZAPAS. unha proba de rastrexo coordenada e preparada…

O FUTURO ESTÁ NO PASADO

Aquí tedes outra formación ben interesante para a rapazada! O FUTURO ESTÁ NO PASADO. Obradoiros destinados a coñecer a prehistoria pero xogando e fedellando. Inscrición aberta ata cada luns antes de cada unha das actividades. Inscricións no correo electrónico mocidade@concellodemoana.org ou ben no whatsapp 649 683 923.