Saltear al contenido principal

OBRADOIRO DE CULTURA EUROPEA + ISTAMEETS

O 20 de xaneiro de 16:30 a 19:30 na cMo – Casa da Mocidade de Moaña organizarase un ?OBRADOIRO DE CULTURA EUROPEA + ISTAMEETS. Inscricións a partir de 14 anos no whatsapp 649 683 923 ou no enderezo electrónico: mocidade@concellodemoana.org Obradoiro sobre a promoción da cultura en redes sociais, principalmente Instagram.Instameet para descubrir o noso patrimonio Local. Durante o obradoiro as persoas participantes aprenderán de forma amena e mediante actividades a valorar e promocionar o noso patrimonio cultural no mundo dixital.Aprende a usar as redes sociais con persoas expertas. Unha formación gratuíta e imprescindible para empregar e potenciar as redes sociais. ?